RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
POLÍTICA LOCAL
O nacionalista Francisco García, exalcalde de Allariz, asume a cabeza de lista do BNG pola provincia nas eleccións xerais do 10 de novembro. Despois da renuncia do anterior candidato, Iago Tabarés, por motivos persoais, o Consello Nacional, celebrado durante a xornada de este sábado en Santiago, propuxo a García.
"Penso que é un momento importante no que Galicia precisa voz propia en Madrid", sinala o anterior rexidor alaricano. "Está claro que os nosos intereses non están presentes no Estado, vese nos orzamentos e na pouca inversión na nosa comunidade", engade. A portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, tamén asegura que o 10N é unha "nova posibilidade" para recuperar o espazo perdido no Congreso nas eleccións de decembro de 2015 despois de 20 anos.
A nivel ourensá, García enfronta con "realismo" os novos comicios: "Sei que a nosa é unha provincia difícil, que a caída demográfica provoca que teñamos unha representación moi exigua, pero tivemos un bo resultado na pasada cita electoral e espero que aumente".
"Romper o círculo vicioso"
Tralo Concello Nacional, Ana Pontón criticou a "incompetencia" das forzas estatais, ante a falta de acordo dos últimos meses. "Temos que romper este círculo vicioso no que os demais deciden por nós", sinalou. Pola súa parte, García espera que o "cabreo" dos cidadáns torne "constructivo": "Agardo que o desencanto se traduza no apoio a unha forza política seria, que cando goberna ten capacidade de transformación".
Nova candidata na provincia lucense, Olalla Rodil
O Consello Nacional do BNG nomeou tamén a Olalla Rodil –parlamentaria en Santiago– como sustituta de Maite Ferreiro pola provincia de Lugo. Ana Pontón quixo agradecerlle, tanto a Ferreiro como a Iago Tabarés, o traballo realizado. Por outra banda, a portavoz nacional da formación frentista asegurou que o Bloque Nacionalista non formará parte da alianza galega de forzas progresistas, proposta por Marea a semana pasada. "Galicia foi relegada a estar desaparecida, basta xa deste bipartidismo e baile de siglas que amosaron pasotismo", engadiu Pontón.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
Lo último
TRAS VARIOS AÑOS DE ESPERA
El Consejo de Ministros aprueba el Reglamento del Estatuto de la Ciudadanía Española en el Exterior