EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
LA ENTREVISTA DE HOY
Francisco Rodríguez, líder dos socialistas ourensáns nas pasadas municipais e actual concelleiro, fai un repaso da actual situación política da cidade en Telemiño e explica os seus problemas de saúde, que polo momento mantéñeno apartado da primeira liña política.
A última vez que tiven ocasión de facerlle unha entrevista falabamos dun proxecto ilusionante, preto das eleccións municipais, pero non se conseguiu o resultado esperado. Tempo despois, en que punto se atopa?
Naquel momento, cando a min o Partido Socialista convidoume a participar nun proxecto de futuro para Ourense, mediteino durante moito tempo, pero din unha resposta positiva porque pensaba que podía achegar algo á cidade. Obviamente, os resultados non foron os esperados e a situación que se produciu consecuencia diso é a que estamos vivindo agora, lamentablemente. Respecto a cal é o momento de Paco Rodríguez, pois está condicionado tristemente por un problema de saúde que me afecta dende hai dez meses. Se estivera activo laboralmente diría que estou de baixa. Trátase dun problema neurolóxico con consecuencias de perda de visión e polo tanto os médicos recomendáronme que non debía participar en actividades que significaran algún tipo de estrés. Había risco de que continuara esa perda de visión e obviamente houbo que frenalo e niso estamos. O próximo 25 de novembro, na revisión definitiva, os médicos determinarán cal é o meu estado. En función diso tomarei unha decisión ou outra.
“En función do resultado da próxima revisión médica tomarei a decisión de volver ou non á primeira liña política”
Non está asistindo aos plenos por esa recomendación médica, pero é consciente de que en cada sesión plenaria o alcalde encárgase de recordar que a súa cadeira está baleira?
O máis lóxico por parte de calquera ben nacido sería mostrar respecto cara a alguén que ten un problema de saúde, a diferenza de outros compañeiros do pleno municipal e incluso do propio partido de Democracia Ourensana que permanentemente se preocupan polo estado da miña saúde. A ninguén lle estrana como actúa esta persoa, todo é consecuencia da súa falta de respecto e sensibilidade polos demais.
Se a saúde acompaña, ten intención de permanecer na primeira liña política?
Creo que esta cidade vive un momento preocupante. O sentir da inmensa maioría dos cidadáns de Ourense é que esta situación non é a desexable. Por iso hai que buscar unha alternativa. A idade chega un momento que che permite dicir o que un pensa. Con toda a sinceridade do mundo, eu creo que esta cidade non se merece o goberno que ten. Isto ten consecuencias de cara ó futuro. Esta é unha cidade sen proxectos, é unha cidade sen un camiño marcado e que nos leva ao desastre. Independentemente do que decida tras a miña revisión médica, teño un interese que é pensar no futuro desta cidade e contribuír a él. Hai que facer algo tan básico como é recuperar a normalidade do Concello, non é tan difícil. Por que nesta cidade non podemos ter un goberno normal, sexa do partido que sexa, como hai nos outros concellos da provincia? Habería que facer unha chamada a responsabilidade política dos partidos. Os tres partidos da oposición, son partidos de goberno.
Pero estes tres partidos non foron capaces de poñerse de acordo para sacar adiante unha moción de censura, o último intento foi hai ben pouco.
Efectivamente. Quizais non se fixeron as cousas ben. Se falamos da investidura creo que todos os partidos puideron facer algo máis para mudar a situación. Unha moción de censura hai que facela desde a honestidade política. Sei que PP e PSOE son antagónicos, pero quero facer fincapé na situación que vive a cidade e non temos que resignarnos a estar así. Sacar adiante unha proposta neste sentido non é só cuestión dos partidos políticos, ten que existir unha implicación social dos medios de comunicación, dos actores empresariais e dos representantes profesionais. Por que a terceira cidade de Galicia ten que ser unha cidade que esmorece e que dá unha sensación de abandono? En Ourense morreu a cultura e os servizos sociais reducíronse considerablemente. Con respecto a todo o mundo, debemos facer un esforzo con xenerosidade para solucionar o que esta pasando.
“O obxectivo debe ser encontrar unha alternativa de goberno para esta cidade, sen perder máis o tempo”
Pensa que se as decisións que atinxen a Ourense, se en vez de tomarse en Santiago de Compostela foran decididas polos grupos municipais, a situación do Concello sería diferente?
Estou convencido de que si. Hai que crer na ourensanía, hai que crer nesta cidade e no seu futuro. Quenes somos os responsables diso, somos os que damos a cara diante dos cidadáns. Se non somos capaces de facelo, vainos custar moito saír a rúa e mirar á xente á cara. Nese sentido as cúpulas dos partidos teñen que deixar traballar aos grupos municipais. O obxectivo fundamental debe ser encontrar unha alternativa de goberno nesta cidade, a min gustaríame que todos os partidos nos puideramos reunir nunha mesa e poder tratar isto. Non podemos perder máis tempo, todas as cidades levan dende a covid recibindo un montón de fondos da Comunidade Económica Europea e aquí non existe iso. Estamos xerando unhas débedas tremendamente importantes coas empresas que xestionan os servizos públicos. Perdemos moitas cousas como o proxecto de Norman Foster e ninguén dixo nada, igual que perdemos a oportunidade de ter un centro comercial como o Corte Inglés.
Síntese vostede protexido polo seu partido?
Neste momento prefiro falar de Ourense e do seu futuro, non é o momento dos partidos políticos. Aínda que sexa por unha vez temos que antepoñer a cidade aos partidos, porque do contrario imos mal.
Nese sentido de antepoñerse ós partidos, como valora o que ten sucedido no Carballiño con Francisco Fumega?
Neste caso a miña imaxinación vaise a unha cousa e pregúntome se O Carballiño gaña ou perde con esta operación. Ten unha estabilidade de goberno que lle permite afrontar estes dous últimos anos con expectativas importantes dende o punto de visto económico. Na miña opinión eu creo que O Carballiño non perde. Nas consideracións que fan os partidos sobre isto non vou entrar. As veces temos que levantar a mirada e pensar única e exclusivamente nos cidadáns. Sei que neste momento a situación política en xeral é de “bronca” permanente, e as veces isto debería levarnos a unha reflexión de por que se producen votacións a persoeiros populistas que un non entende como chegan aí. Debemos preguntarnos se os partidos sistémicos teñen responsabilidade nisto, sen restarlle lexitimidade a ningún partido.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último
TEMPERATURAS MÍNIMAS
Galería | El primer día del invierno cubre de nieve y hielo la provincia de Ourense