Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
Paco Rodríguez, candidato á alcaldía de Ourense polo PSdeG, presentou esta semana en Telemiño os puntos do seu programa de cara as eleccións municipais do día 28 de maio. Rodríguez recalcou a súa intención de facer unha política de consenso para solucionar o Plan de Urbanismo, a accesibilidade á vivenda e para retomar o proxecto de Norman Foster para a estación de A Ponte.
Que valoración fai da enquisa publicada na que a maioría de cidadáns califican como “mala ou moi mala” a xestión do alcalde?
Non me sorprende. Porque nunha cidade que leva os últimos anos estancada, unha cidade sen proxecto de futuro, unha cidade paralizada, é lóxico que os cidadáns, en boa medida, culpen a quen ten a responsabilidade de gobernar en sociedade que é o alcalde.
Na enquisa aparecen novas cuestións respecto doutros anos que preocupan aos cidadáns, como a inseguridade nas rúas.
Está sendo un problema que afecta aos veciños. En consecuencia, deberíase facer unha avaliación e unha valoración de por que motivo está aumentando a inseguridade a través dos responsables dos corpos e forzas de seguridade. Hai poucos anos, Ourense estaba considerada como unha das cidades máis seguras de España. Merece unha reflexión. É un motivo de preocupación e hai que intentar paralo.
Como define os perfís que se atopan na súa lista electoral?
Trátase sobre todo dun relevo xeracional. Tivemos a sorte de contar con persoas moi capacitadas que deron un gran paso adiante para colaborar polo futuro desta cidade. Creo que temos un bo equipo. É do que se trata no meu goberno municipal, ser útiles para a sociedade incidindo naqueles que o teñen máis difícil.
Entre os principais problemas que ten Ourense está non ter un Plan de Urbanismo actualizado.
Ourense neste momento está actuando sobre un plan de ordenación do ano 86. Eu creo que eso debe ser un dos eixes fundamentais que temos que resolver, tan pronto a partir do día 28, independentemente de se estamos no goberno. Un Plan Xeral de Ordenación marca as pautas do que vai a ser o Ourense do futuro. Eu nese sentido teño unha obsesión, que é ser capaz de conseguir poñer de acordo a todos os actores sociais para conseguir a cidade que nos gustaría a todos.
Vostede fala dun gran pacto social, cree que é posible?
É necesario intentalo, porque a situación que vive Ourense nos últimos anos non ten rumbo. O Concello é un lugar de encontro. Non pode seguir sendo o lugar de falta de dignidade institucional. Eu aspiro a conseguir que poidamos falar con tranquilidade, cada un defendendo cos seus criterios, dentro das diferenzas lexítimasque poida haber de pensamento, pero ao final, ser capaces de encontrar un punto de acordo para resolver o problema de ordenación do territorio para os próximos anos.
Hai pouco dixo que non renuncia ao proxecto de Norman Foster orixinal. Aínda se poden recuperar algúns dos seus elementos?
Estamos a dúas horas e cuarto de Madrid, dende o punto de vista da comunicación e de situarnos nun contexto de centralidade diferente do que había ata agora. Polo tanto, temos que aproveitar ese feito histórico e estas sinerxías que poden ser útiles para a cidade. O proxecto que había de Norman Foster estaba claro que marcaba un antes e un despois no meu barrio da Ponte. A miña idea é entrar en contacto cos responsables dos proxectos para ver de que maneira podemos conseguir aínda salvar algo do que era a esencia do proxecto. Como digo, non é o edificio da estación. É un proxecto de integración urbana no barrio de A Ponte.
Agora mesmo, se comparamos o proxecto de Ourense para o que Barquero acuñou un término que era ‘Pendello’, co que agora mesmo está construído, distan moito.
Era un proxecto perfectamente viable. Non ía ser máis caro que o que se pretende facer agora. É un pouco intolerable para unha cidade como Ourense, ó mellor merece a pena retrasar un ano ou dous e que efectivamente sexa un proxecto de futuro que nos faga sentir orgullosos aos ourensáns e que, ademais, sexa útil para a cidade.
Falou tamén de vivenda pública, do complexo que se volveu para os xóvenes emanciparse.
É un elemento de igualdade. Creo que a vivenda pode ser motivo de exclusión social. Aquí, neste momento,a realidade dos costes faino inviable. Temos que buscar ferramentas que nos permitan poñer á disposición dos xóvenes unha vivienda asequible. Planteabamos a posibilidade de crear unha Empersa de Xestión Pública, comprando terreos a través de cooperativas, que resultan nun 50 ou 60% do precio de mercado. E logo tamén, algo que nos preocupa é a vivienda accesible, dende o punto de vista da xente maior, temos que adecuar a realidade á nova situación frente a novas demandas que hai na sociedade.
Prentende recuperar a Universidade Popular?
Si, totalmente. É unha aposta que daba satisfación a máis de 2.000 personas… creo que non é de recibo que se suprimira. Tristemente a cultura nesta cidade desapareceu. Só quedaron as festas. Temos que dar resposta á demanda social da Universidade Popular que é fundamental para o ocio.
Cal é súa folla de ruta de cara as eleccións?
O que temos que facer é que a xente teña a convicción de que outro Ourense é posible e que temos que volver a sentirnos orgullosos da nosa sociedade ourensá. Con tranquilidade, con moderación, con respecto…Independentemente do que pense cada un, imos a construír entre todos unha cidade. Ese é a mensaxe que eu quero manter: buscar puntos de encontro e pactos. Nese sentido é a sociedade de Ourense que eu desexo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
IDENTIFICACIÓN POR ADN
El hombre hallado sin vida en As Caldas llevaba 48 horas muerto
SEGURIDADE VIARIA
Xunta e Pereiro de Aguiar melloran a seguridade de varias estradas
Lo último
SE SOLIDARIZAN DESDE TODO EL PAÍS
Luis Rivera, presidente del Centro Comercial Aberto Ourense Centro: “No podemos perder más músculo comercial”
HUELGA SANITARIA
Batas en la puerta del CHUO
ANIVERSARIO
A palabra de Marcos Valcárcel segue viva
AGRESIÓN SEXUAL EN OURENSE
Ratificados los 13 años por violar y “cosificar” a su expareja en Ourense: "Te voy a follar cuando quiera"