Francisco Xosé Fernández Naval: "Nacín con 5 kilos e fun 'O Cachalotiño da Pepita'. Iso marcoume"

Entrevista ao escritor Francisco Xosé Fernández Naval, pola publicación da súa nova novela “Ser cetáceo: O fascinante inverno do animal de fondo”

Francisco Xosé Fernández Naval presenta nueva obra.
Francisco Xosé Fernández Naval presenta nueva obra.

O escritor Francisco Xosé Fernández Naval “Chisco”, natural de A Ponte, publica nova novela. “Ser cetáceo: O fascinante inverno do animal de fondo” é un dos seus libros máis persoais, unha obra inclasificable, a recompensa dunha vida adicada ao estudo. Os cetáceos serven de fío condutor no libro, que estes días foi presentado en Ourense e noutras localidades galegas. O autor atópase agora escribindo unha biografía dun deportado a Mauthausen.

“Ser cetáceo” é o seu libro máis persoal, por que?

É un libro que non é doado de clasificar, pode considerarse ensaio e ten vocación narrativa, que non é frecuente nos ensaios. Mestura tódolos xéneros: relato, poesía, caderno de viaxes, entrevista… Ocupa moitas conexións de Galicia.

Por que se fixou nos cetáceos como fío condutor?

No primeiro parágrafo do libro explico algo así como que nacín con máis de cinco kilos de peso, por cesárea, e ao verme tan gordiño o doutor, dixo: ‘Isto non é un neno, é un cachalote’. Así que moito tempo fun o Cachalotiño da Pepita, supoño que iso marcoume.

Na novela toca paus como a bioloxía.

Empezo coa paleontoloxía. E viaxei a Exipto a descubrir máis de 1.400 esqueletos. No libro son paleontólogo, xeógrafo, biólogo... toco todos eses coñecementos.

E que é para vostede ser escritor?

O escritor é o que articula este artefacto de libro. Mesturo xéneros que se van alineando. Do que poderían ser coñecementos enciclopédicos, tentei fuxir diso.

Que tal responde o público ourensán a “Ser cetáceo”?

Sempre respondeu ben o público ourensán. Eu nacín en Ourense e non marchei ata os 24 anos. Empecei a publicar aquí. Case toda a miña literatura fala de aquí. Aínda que o importante é escribir para que chegue de maneira univesal.

Xa está escribindo novas historias?

Estou escribindo a biografía dun deportado a Mauthausen. É importante ter memoria. Colaboro coa Asociación de Memoria Histórica.

Contenido patrocinado

stats