OPERACIÓNES DE HASTA 30.000 EUROS
A juicio en Ourense acusados de vender coches de procedencia ilícita
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, recibiu a visita da consejera de Desarrollo Educativo y FP da Junta de Andalucía, Patricia del Pozo. Acudiron xuntos ó Centro Galego de Innovación da FP Eduardo Barreiros. Según trasladaron fontes do Executivo autonómico, o Goberno andaluz viaxou a Ourense “para coñecer as políticas educativas en xeral”. Tamén acudiron ó Centro de Innovación Educativa e Dixital, na Cidade da Cultura.
Na visita, tal e como afirman dende a Consellería, “os dous conselleiros coincidiron na necesidade de seguir impulsando o avance das ensinanzas de FP”. Segundo din, “téñense consolidado nos últimos anos como un referente de calidade, innovación e empregabilidade”, e ademais, “xeran unha enorme confianza nos sectores produtivos”. En todo caso, fixeron un chamamamento ó Goberno central “para que dea pulo ao desenvolvemento normativo da nova lei de FP”.
No Eduardo Barreiros, Rodríguez e Del Pozo coñeceron os diferentes proxectos en desenvolvemento. Por exemplo, arredor da economía circular do ciclo da auga, da enogastronomía, do fornecemento do vehículo eléctrico, de fomento de robots de utilidade medioambiental e de realidade estendida aplicada á FP, entre outros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
OPERACIÓNES DE HASTA 30.000 EUROS
A juicio en Ourense acusados de vender coches de procedencia ilícita
ASESORAMIENTO EMPRESARIAL
El programa Conecta Ourense de la CEO prestó apoyo a 1.300 empresas
9LOUREO, MODELO Y CAPROS
Xoel López, entre las nuevas confirmaciones del Ouren Sound Fest 2027
Lo último