protagonistas
Ramón Santamarina, de Ourense a La Pampa argentina
Entrevista
“Temos que buscar / a Bola do Dragón! É un gran misterio / e unha conmoción!”. Toda unha xeración terá lida a anterior frase cantando, rememorando -talvez- tardes de bocadillo de Nocilla e televisión ao chegar de clase. Estes dias, os debuxos animados do Canal Xabarín volveron a actualidade, despois de que o Parlamento aprobase, por unanimidade, unha proposta da Mesa pola Normalización Lingüística para crear unha nova canle con programación infantil e xuvenil en galego.
A principios dos 90, popularizáronse nesta canle pública series como “Doraemon”, “ Shin Chan” ou -claro- “ As bólas máxicas”, que contaba entre os seus dobradores co ourensán Gonzalo Faílde, a voz que canta a sintonía. Trinta anos despois, Faílde é a voz habitual en galego de actores como Javier Bardem ou Liam Neeson, e lembra aquela época con nostalxia e un punto reivindicativo.
A súa voz na música de “As bólas máxicas” marcou a moitos nenos.
Iso dinme... pero gravala foi horrible! (ri) Eu tiña algún papel secundario na serie, e o director de dobraxe preguntoume se cantaba, que había que facer a sintonía. No estudo, puxéronme a versión en catalán e dixen: “Non chego a eses agudos!”. Pero gravouse, marchei e, para a miña sorpresa, emitiuse. Non sabes o mal que o paso cando a escoito, aínda que me digan que foi algo moi importante!
Os actores daquelas series erades conscientes de como difundiades a lingua?
Sempre se recoñeceu que os debuxos animados fixeron máis polo galego que todas as campañas de promoción, pero nós non eramos conscientes. Si criamos no que estabamos a facer, como labor de normativización, pero non imaxinabamos a importancia que ía ter nesa xeración e no uso do idioma.
Se votou recuperar a canle, que lle parece a noticia?
Fabulosa, e pode axudar cunha situación moi precaria para o sector da dobraxe en Galicia. No meu caso, cando empecei, a finais dos 80, o 90% do traballo de dobraxe era en galego; hoxe apenas chega ao 10%. Cos orzamentos actuais da Xunta non se pode manter ao noso colectivo na nosa lingua, así que a noticia e -neste sentido- excepcional.
Que máis falta para consolidar a dobraxe en galego?
Faltaría que os políticos loitasen por incluír a dobraxe en galego como unha opción máis nas plataformas máis populares, como Netflix ou HBO. Ao final, os nenos e os mozos non teñen prexuízos coa lingua: se lles ofrecen producións en galego que lles gustan, veranas; é o que pasou co Xabarín.
Mirando en perspectiva, de que traballo está máis orgulloso?
Uf… En dobraxe, todo traballo que fago trátoo con respecto, é difícil escoller… Fora da dobraxe, estou moi orgulloso da miña participación en “Supermartes”, un programa que foi moi ourensán, con Xosé Manuel Piñeiro, con Nelly Fernández… Tivo moita audiencia e moito peso.
Segue aprendendo cousas novas?
Cada día! Creo que é fundamental ter a ilusión de aprender cada día. Eu fago cursos de interpretación e aplico cousas ao meu traballo, ves tantas cousas que non sabes...
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Jacinto Seara
¿Podemos gastar nuestro dinero como queremos?
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 5 de mayo
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Aumentar la liquidez
Jenaro Castro
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Otra vez se vuelve a hablar del Festival del Miño