ACUERDO TRAS 22 DÍAS
La huelga de Atención Primaria deja en Ourense 2.850 consultas retrasadas
Este ourensán vén de publicar a súa primeira obra literaria, “O inframundo”. Unha novela xuvenil ambientada na serra do Courel que bebe das historias de aventuras e de catástrofes naturais, da man da editorial Toxosoutos.
Como chega ese interese pola escrita que fai que cre “O Inframundo”?
Foi un pouco de repente. Marchei no 2016 a Barcelona e ao levar un tempo alí me vin afectado pola morriña e quería escribir algo sobre o meu fogar e a miña familia. Ao principio era construír castelos no ceo, non era nada… Vía un pouco hipotético que acabara publicándose ata que colleu o impulso definitivo.
Que agocha este libro entre as súas páxinas?
A min sempre me gustaron os libros de aventuras e autores como Julio Verne, Stevenson... Eu tiña claro que a temática tiña que ir nesa liña. E eran como varios ingredientes nunha mesma cocteleira… E foi aí onde comezou a coller forma. A novela desenvólvese en Galicia, por distintos puntos da xeografía. Son dous pais con dous rapaces que nun día aparentemente normal atópanse cunhas catástrofes naturais e teñen que buscar acubillo e atopar onde refuxiarse para acabar chegando a un dos escenarios principais da novela que -sen anticipar moito- é unha cova. E alí é onde comenzará a aventura. A parte real queda totalmente fóra.
A inspiración foi a familia e Galicia…
Tiña claro que eran os dous piares fundamentais. Despois fun elixindo puntos estratéxicos que me transmiten ou representan algo. Ourense, Ribeira, a zona da cova no concello do Incio no Courel… Son todos os lugares que significan algo para min e que quería que formaran parte desta, a miña primeira novela.
Fan falta máis historias ambientadas na terra?
A min encántanme o galego, o castelán… Cada vez escríbese menos en xeral e en galego sófrese máis, sobre todo en xente nova. Eu sempre o tiven claro, pero ao vivir en Cataluña contáxianche ese amor propio que teñen pola lingua. Como non vas defender o teu idioma que é precioso?
Ao tratarse dunha novela xuvenil, é unha lectura para levar aos colexios?
Si, porque é unha novela moi branca. Nos inicios pensaba que era unha novela para adultos, pero conforme a fun escribindo deimeconta de que era máis para un público xuvenil. Pero é apta para todo o mundo, moi fácil de ler, cun ritmo moi dinámico… Lese moi rápido, e para os rapaces, que cada vez lles custa máis… É unha lectura súper leve.
Como mestre ve esta dificultade para ler nos mozos?
As inquedanzas cambian e agora os ves nos coles outras. Traballando con textos curtos cústalles chegar ao final, queren acabar pronto e non se centran. Hai vinte mil estímulos, non hai paciencia para sentar con libros. Pero no tema da escritura está cada vez máis en decadencia. Aínda que confío en que ler sexa un brote verde que volva repoboar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACUERDO TRAS 22 DÍAS
La huelga de Atención Primaria deja en Ourense 2.850 consultas retrasadas
CONSTRUCCIÓN Y REFORMAS
Apertura de un nuevo Obramat y Burger King en Ourense: fechas, ubicación y detalles
RÉCORD HISTÓRICO DE VOLUNTADES
Los testamentos vitales se duplican en Ourense durante el último año hasta superar los 500
Lo último
AL MENOS UN HERIDO
Una colisión entre dos coches provoca retenciones en Rabo de Galo, Ourense
CÚMULO DE LESIONES
Totó, el pulmón del Allariz
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior