Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
1
</nav> </header>
Paco Martín, Charlie Sánchez e Paco Trinidad son nomes claves no descubrimento e na produción de moitos dos éxitos musicais que arrasaron no panorama nacional do pasado século. Os tres serán os encargados de iniciar a oitava edición da Ourense ICC Week, organizada pola Deputación de Ourense, coa mesa redonda “Hombres G: do cumio da industria discográfica a icona pop”, no Centro Cultural Marcos Valcárcel o sábado 23 de abril, ás 12,00 horas.
Os relatores desvelarán como se xestou unha das carreiras máis sólidas dos grupos nacidos nos anos 80 en España: á da banda liderada por David Summers. Hombres G, grupo que marcou unha etapa, foi un punto de inflexión para toda unha xuventude que abrazou entusiasta a súa música para compartir e coa que sentirse identificados. Son tamén un dos máis grandes grupos de fans do pop en castelán, pero non serían a banda que son hoxe sen a intervención dos tres homes que conversarán no Marcos Valcárcel o vindeiro 23 de abril.
Paco Martín, Charlie Sánchez e Paco Trinidad, un triunvirato vital para a historia musical do país, tiveron unha mirada cultural e un talento creador que fixeron posíbel a traxectoria profesional da maioría de grupos e solistas con éxitos que aínda soan agora.
O director artístico Paco Martín é un dos principais artífices do acontecido nos 80. Creou a mítica sala RockOla, o templo da movida, e dedicou moitas décadas da súa vida a descubrir talentos musicais: Antonio Vega, Pistones, Joaquín Sabina, El Canto del Loco, Los Secretos, Rosendo, etcétera.
Charlie Sánchez, produtor fonográfico, iniciou a súa traxectoria profesional na década dos 80 como teclista do grupo Alphaville. Foi cofundador da compañía independente Discos Radiactivos Organizados (DRO). Ao longo dos anos traballou con artistas como Gabinete Caligari, Fito & Fiti-paldis, Los Rodriguez ou Compay Segundo.
Falar de Paco Trinidad é falar dun dos mellores produtores discográficos do país. Tras formar parte do grupo Ejecutivos Agresivos, autores dun dos éxitos do verán coa súa canción “Mari Pili” , entrou na produción firmando traballos con bandas coma Siniestro Total, Los Ronaldos, Los Enemigos, Los Romeos, Décima Víctima, Derribos Arias ou Los Limones.
A xornada, que comezará ás 11,30 horas no Marcos Valcárcel coa presentación do libro “Ráfagas”, de Paco Martín, continúa con “Hombres G: do cumio da industria discográfica a icona pop” e rematará á noite co concerto de Hombres G. A cita será ás 21,00 horas, no Paco Paz.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
VACUNACIÓN MASIVA
Nueva convocatoria contra la gripe para mayores de 60 años
Lo último
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
COLOR DEL AÑO
Cloud Dancer: minimalismo, calma y moda en un solo color
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
As esperas teñen idade?