EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
ENTREVISTA
Agora xa sen Manuel Gallego como rival. Será a vencida? "Ilusión non vai faltar, queremos poñer en práctica as medidas propostas estes anos". E deixa mensaxes sobre pactos: "Se se dan circunstancias para ter alternativa sería inexplicable que non se levase a cabo".
Como está Taboadela?
Politicamente, non está, é só un servizo administrativo. Desaparece a corporación e ninguén a botaría en falta. Hai xestión de chapa e pintura pero non hai unha xestión política.
Hai un problema grande co urbanismo, por iso queremos implantar o urbanismo activo. O Concello ten que facilitar, non poñer trabas. Poñeremos a unha persoa centrada en buscar proxectos innovadores, queremos saír da simple función administrativa e buscar grandes proxectos. Tamén hai que embelecer as aldeas, poñer en valor os espazos públicos e rehabilitar o patrimonio etnográfico. Unha aposta son as exencións fiscais poida asentarse.
Non é un problema para as finanzas municipais baixar impostos?
Hai demanda de aluguer no municipio, hai casas antigas e o Concello ten que incentivar a reforma. O orzamento é de 1,2 millóns, e o imposto de construcións é de 8.000 euros. É insignificante esa partida, e rebaixalo serviría de competencia cos outros concellos ante o problema demográfico. Pero para o PP nin hai un problema demográfico.
Que se pode mellorar nas aldeas?
O transporte é un problema . Queremos implantar un transporte interior entre parroquias conectado co regular, para que a xente poida moverse. Tamén é necesaria unha eficiencia do gasto público. O remanente pode medrar un 20% con aforro no alumeado, e xa non digamos coa depuradora, que é un despropósito...Pero, sen dúbida, unha das grandes necesidades é poñer en valor o Val da Rabeda. Non se pode permitir ter un millón de metros cadrados parados.
E como se pode xerar emprego?
Só hai unha gran empresa, con 100 traballadores, e tivo trabas para instalarse. No Plan de Urbanismo non se contempla solo comercial. No Polígono de San Cibrao fixeron máis solo comercial, por que aquí non? Temos o apeadeiro de tren que os empresarios do polígono reclaman como estación de mercancías e o novo enlace da A-52 pasa ao seu carón. Temos unha gran oportunidade a nivel de comunicacións.
Que lle diría aos que levan toda a vida votando a Manuel Gallego?
Que pensen en Taboadela. Entendo que teñan afinidade co este alcalde. A xente criouse e viviu con el, pero é o momento de antepoñer os intereses do Concello sobre os intereses partidistas e persoais. Hai que apostar por un proxecto novo que dea un valor significativo ao Concello e que sexa capaz de asentar poboación e dar resposta ás necesidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del CHUO atiende 300 enfermos de cáncer al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La creatividad y la política
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Febrero, el coreógrafo breve
Fermín Bocos
La insostenible posición de Óscar Puente
PRIMERA FEB
El COB se ahoga en Fuenlabrada (78-71)