Incansable e imparable Josi Lage

ENTREVISTA - VIDA

Josi Lage suma máis de 25 anos no mundo da interpretación. Agora mesmo, en ruta coa obra "Loló e mamá", con Stephy Llaryora, e a performance teatral "Barbarie en branco e negro"

Publicado: 24 feb 2019 - 14:29 Actualizado: 25 feb 2019 - 13:08
Josi Lage (XESÚS FARIÑAS)
Josi Lage (XESÚS FARIÑAS)

Máis de 25 anos no mundo da interpretación avalan a traxectoria de Josi Lage. En continua formación, o teatro é a súa paixón, unha paixón que, en certo modo, a fai voar e experimentar con novos retos interpretativos. Agora mesmo, en ruta coa obra "Loló e mamá", con Stephy Llaryora, e a performance teatral "Barbarie en branco e negro". De cara o futuro, a edición número 30 do Festival de Teatro Galego en O Carballiño, e proxectos que aínda non se poden desvelar... ou si?

Comecemos polo último, está de xira con "Loló e mamá" xunto coa tamén actriz Stephy Llaryora, cóntenos.

A verdade é que está funcionando moi moi ben, estamos moi satisfeitas. O texto de Esther Carro d'Eguas é brutal e De Ste Xeito Producciones, Stephy e Steve o están facendo moi ben, están traballando a reo, atopando eses ocos, eses vacíos que os programadores necesitan, pois "Loló e Mamá" é unha comedia ácida, un espectáculo comprometido co espectador. Unha montaña rusa de emocións, que deixa pouso e modifica (para ben) as relacións entre nais/pais/fillas/fillos.

Os espectadores ao remate das funcións que levamos feito, páranse a falar con nós, as actrices, coa miña estupenda compañeira Stephy Llaryora e unha servidora... e nos din..."gracias, fixéstenos rír e chorar con este espectáculo". E vanse para as súas casas felices e modificados no seu interior. E esto non hai cartos que o pague. Sabemos do enorme compromiso que temos con cada un dos espectadores que veñen a ver "Loló e Mamá" e eles responden a elo, abríndo a alma.

Tamén ten en marcha a performance "Barbarie en branco e negro".

Josi Lage
Josi Lage

Efectivamente. Estreei esta peza no mes de marzo en Barcelona. Trátase dunha obra basada no Guernika de Picasso, xa que ten unha parte física e de expresión corporal importante en relación ao Guernika. A temática trata sobre a desigualdade, a muller e a problemática, entre outras, de ensinar ou non partes do corpo con liberdade, sen que elo signifique que se lanza unha mensaxe equívoca.

O texto fermosísimo de Esther Carro d'Eguas e a maneira de executalo, a interactuación co público, o estar sentados no chan, case a escuras, iluminados por unha lanterna, a outro nivel, lles fan vivir unha experiencia moi diferente ao acostumado, e a agradecen moitisimo.

Está a funcionar tamén moi ben, a parte de nos teatros, nos institutos e na ESO, xa que lles axuda aos adolescentes a tomar conciencia case sen darse conta.

Facendo repaso, leva máis de 25 anos sobre o escenario, como se sente con esta traxectoria?

Satisfeita a nivel teatral e con gañas dun dificultoso papel de acción en audiovisual.

Segue sentindo nervios á hora de subirse ao escenario?

Si, por suposto. Eses nervios de responsabilidad, de paixón, de compromiso coa miña profesión, sempre están aí... e que sempre siga sendo así, danme vida.

A nivel profesional, como se definiría?

Actriz comprometida coa profesión, que se arrisca sempre emocionalmente e que vive por e para as personaxes que hai que crear en cada ocasión.

Qué sente polo teatro?

Paixón, devoción, respeto.

fn_9229_result
fn_9229_result

Se mira cara adiante, algún papel que queira facer?

Unha personaxe de moita acción física e dun forte movemento interno, dificultoso e moi alonxado de min, que teña que rebuscar en lugares escuros que nunca antes tocara.

E botando a vista atrás, algo pendente?

Houbérame gustado traballar con compañías como Matarile e Voadora, agardo que haxa nalgún momento ocasión. Sería un pracer traballar con dúas grandes directoras que buscan outras maneiras de facer, de contar, de sentir o teatro como Ana Vallés e Marta Pazos.

Hai algo que a decante a elexir un proxecto?

Sempre... un boísimo guión ou texto.

É tamén directora do Festival de Teatro Galego Fetega, en marcha esta nova edición?

Si, en canto rematou a anterior xa nos puxemos coa seguinte coma sempre. Este vai ser o 30 Aniversario do Festival de teatro Galego e é un orgullo. E non podo menos que lanzar un brinde polo Fetega polo que cada ano pasan puros talentos galegos.

E na cabeza algún proxecto?

A parte de seguir coa miña performance teatral "Barbarie en branco e negro" e con "Loló e mamá", sempre en marcha... ata aí podo leer.

Contenido patrocinado

stats