IMPUESTOS SOBRE VIVIENDA
El bum inmobiliario en Ourense deja tras de sí una recaudación récord de impuestos
Entrevista
Inma Soto é unha amante da natureza, da súa terra, da paisaxe e fauna de Ourense e da educación na infancia. Todo iso xúntase nunha cocteleira apaixonante no seu día a día e máis dende que cumpriu un novo reto: publicar o seu primero conto, “Xela, a superheroína da aldea”.
¿Como xorde o proxecto de “Xela, a superheroína de aldea”?
Eu levo máis de dez anos traballando en Educación Ambiental e vin a oportunidade de empregar o conto como ferramenta educativa, en lugar de dar unhas charlas tipo. Porque para os nenos e nenas é moito máis enriquecedor, non se aburren e para eles é moi importante aprender xogando e desfrutando da natureza.
¿Viches este proxecto como unha necesidade?
Vino como unha necesidade. Isto xurdiu, en realidade, no 2017, a partir dos lumes que houbo en Galicia e que a min me pillaron no Xurés. Daquela traballaba nunha asociación medioambiental, e foron moitas as chamadas para que foramos dar charlas sobre incendios ás escolas. Axiña vimos que aquelo non funcionaba, era aburrido e contraproducente; non debemos facer sentir responsables ás crianzas dalgo no que elas non teñen capacidade de goberno. Entón, pareceu oportuno darlle unha volta e ir ás aulas cargadas de enerxía e facerlles sentir que son afortunadas pola riqueza natural que temos. Se a coñecen e valoran, quererán protexela.
¿Por qué Xela como superheroína de aldea como protagonista do teu conto?
É un nome bonito que ten forza, lembra ao nome dunha guerreira; chegou un día á miña vida nunha anécdota simpática e non o dubidei.
¿E por qué unha nena do rural?
Tamén quería por en valor aos nenos e nenas rurais. Ás veces eles pensan que son cidadáns de segunda e non é así, máis ben todo o contrario, son moi afortunados. Teñen unha contorna para desfrutar que é privilexiada, aliméntanse mellor porque hay horta, comen carne de proximidade e o conto quería mostrar iso: a riqueza dos nosos recursos. Quería que a protagonista fose unha nena, porque sempre son superheroes, e neste caso é una superheroína aventureira, valente e moi intelixente.
A paisaxe tamén está elexida a conciencia…
É a típica galega, en mosaico. A diversidade, que é riqueza, nace na propia paisaxe. Podemos ver horta, prado, fraga e anaquiños de terra con diferentes aproveitamentos.
O relato acompáñase dunhas ilustracións moi estudiadas, ¿cal é o obxectivo?
As ilustracións son de Clara Cerviño. É unha ilustradora científica que xa coñecía por otros traballos dela. Quería que os elementos da natureza estivesen ben identificados: se debuxaba unha árbore que se soubese ben cal era, por exemplo un carballo. O mesmo para os animais, quería ilustración infantil pero cun nivel de detalle que permita a súa identificación.
Para min era moi importante que se coñecese o que é noso. É certo que moitas de nós comezamos con Félix Rodríguez de la Fuente e con documentais de África, pero despois é importante recoñecer o noso: un teixugo, un picapeixe, o pica-pau…
¿Qué cambio pretendes conseguir nos nenos cando lean o teu conto?
Sobre todo que sintan fachenda do propio e que sintan a natureza como unha oportunidade e recoñezan o noso territorio como algo único. Tamén se fala da necesidade e importancia de habitar o rural, para que esté custodiado; non pode quedar só para os paseos de domingo. Corremos o risco de que outras persoas vexan eses recursos tan apetecibles que temos e que os aproveiten dunha forma menos sostible.
Creo que tes a ilusión de que sexa unha colección e seguir usando o conto como ferramenta educativa, ¿Xela aportará máis aventuras aos nenos e nenas?
Eu animeime a por colección “Esquío Rebuldeiro” na contraportada, cun único exemplar, porque sí que me gustaría dar a coñecer outras riquezas que temos en Galicia empregando o conto como ferramenta. Por exemplo, ao final de Xela incluín un xogo para que manexen os nomes das especies típicas de Galicia, é unha forma de que vexan que somos inmensamente ricos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
IMPUESTOS SOBRE VIVIENDA
El bum inmobiliario en Ourense deja tras de sí una recaudación récord de impuestos
ESPIRAL INFLACIONISTA
Ourense, entre las provincias más castigadas por la inflación
VUELCO EN EL SECTOR PÚBLICO
Más de 3.600 trabajadores públicos de Ourense, en vilo por su puesto
Lo último