Iris Justo nos acerca a la tradición del Entroido
ENTREVISTA
O que comenzou como un xogo de tirar e retocar fotos cunha cámara compacta foi mudando e perfeccionandose ata converterse nunha firme idea de futuro profesional para Iris Justo
Dende nena Iris Justo sentíu atracción polo mundo do audiovisual. Ademais de exposicións fotográficas, o calendario do Verín C.F "Lume" cos que tamén tivo a ocasión de colaborar conxuntamente con Rubén Riós nun vídeo viral é autora, entre outros traballos, do documental "Zamarras negras" no que recolle a vida destas figuras do Entroido de Verín.
"Zamarras Negras" é un documental sobre a figura do Cigarrón, porque elixiu esta temática?
Foi todo hai un ano ante un café con leite como testemuña e de casualidade. Santi, un dos membros de Zamarras Negras, propúxome a idea de facer un vídeo do proceso do cigarrón dende o día 1 de xaneiro ata o martes de Entroido. Como non, aceptei.
Os seus amigos, os Zamarras Negras serían os protagonistas da historia e foi a partir de aquí cando dunha idea que xurdiu nun domingo do Nadal converteuse en todo un reto.
Moito máis alá de querer amosar a figura do cigarrón queriamos chegar ao interior do personaxe: o que sinten, pensan e como o viven. Tamén buscabamos non centrarnos na figura do cigarrón en si, senón en todas aquelas persoas que dunha maneira ou outra contribúen a que sexa posible o Entroido a partir del.
Sinceramente teño que dicir que me transmitiron outra forma de ver o cigarrón e foi un Entroido bastante diferente nese aspecto xa que iso que pretendiamos ensinar amosáronmo primeiramente eles.
Que supuxo para vostede este traballo?
Para min foi un xeito de recuperar a cultura e a tradición deste noso querido Entroido. Vin neles ese sentimento de conservar esas pequenas pinceladas que có paso do tempo pérdense e vin esas ganas de loitar para que se manteñan. O entroido é do pobo, dos nosos antepasados e como respeto deberiamos facer que seguise sendo coma antes.
Cóntenos, como é a figura do Cigarrón e como o viven?
Creo que a primeira vez que vin de verdade como o vive o cigarrón foi mentres grababa o documental. "Zamarras Negras" supuxo para min unha gran aprendizaxe a nivel profesional pero moito máis a nivel persoal. Se a min transmitíronme o que sinten nos días antes de preparación, durante e despois, porque o vivín desde máis adentro, imaxínate o que lles transmiten a todas as persoas de Verín que os ven. Lémbrome da ilusión que tiñan por quedar por primeira vez, como contaban os días, as horas, os minutos e os segundos… Lémbrome as ganas que tiñan de poñer as chocas, coller a zamarra e correr. Como se esforzaban por facer as carreiras o millor posible, como se cordinaban… O máis mínimo detalle do traxe e de levar o cigarrón. Todo tiña que quedar perfecto. Lémbrome tamén de como descubrín o antigo traxe do cigarrón, a verdadeira razón pola cal coidaban tanto esta figura. Chamoume moito a atención a evolución das antigas máscaras con motivos florais en comparación cás de hoxe en día, das cales algúns seguen conservando eses debuxos nas súas caretas.
Chamoume tamén a atención o colorido dos seus traxes, como lucen todos xuntos e a vez diferentes. Basábanse na historia do cigarrón de hai anos, da cal tampouco hai unha historia concreta xa que hai moitas lendas. É moi bonito ver como se involucran no cigarrón moitas máis personas das que levan o traxe. Ver como a xente se une por un sentimento.
Independentemente dos "Zamarras Negras" estoume referindo a todos os cigarróns. O fin e o cabo para min é a verdadeira razón a partir do cal xira o entroido de Verín. Que sería un entroido sen eles?
Como vive unha verinense o Entroido?
Unha verinensa vive o entroido todo o ano. Acaba un e xa se está pensando no seguinte. Vivimos nun esntroido constante pero a verdadeira emoción é cando chega xaneiro e xa escoitas os sons das chocas polas rúas. Instintivamente emerxen os nervios e ese sentimento tanto das persoas que se visten como as que non.
É todo unha conta atrás de que pasen os días e chegue xa. Espérase con moitas ganas. Ganas de rencontrarse coas familias, cós amigos, de cantar e bailar, escoitar as gaitas e panderetas, os folións, ver as rúas cheas de alegría vida e ver á xente unida.
Que considera que ten de especial o Entroido ourensán?
A súa historia. Principalmente todos os personaxes emblemáticos de cada pobo. Que nunha provincia haxa case dez traxes diferentes que simbolicen un Entroido é o que o fai especial. Ver o respeto que se lle ten a un traxe e que non se perda… É máis que un traxe.
É curioso ver como nun lugar tan pequeno existe algo tan grande, desde os cigarróns aos peliqueiros pasando polas pantallas e boteiros. Desde os folións ás charangas e da fariña ás formigas. Cada un víveo ao seu xeito pero vive o entroido. Xa se dice que "vivir o entroido que bonito é, andar de parranda e durmir de pé" jaja.
Se non me equivoco tamén é unha apaixonada da fotografía...
A fotografía é a miña verdadeira paixón. Desde que teño 13 anos empezoume a gustar e parecíame un xogo. Era como a miña particular visión do mundo e podíaa plasmar a través das fotos. Pola miña conta aprendín a retocalas pero aplicábao a montaxes e a facer fotos cun toque de humor. O pasar o tempo vin que isto que aprendía como un xogo que me divertía serviume para aplicalo a outro tipo de fotografía e adicarme a ela dun xeito máis serio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACTO CON LA REINA LETIZIA
Adolfo Domínguez apoya al sector nacional de lana
FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO
El Meeting Internacional de Ourense de atletismo y el “Metiño”
PAÍSES MÁS VISITADOS
Portugal, Francia e Italia son los destinos estrella para el turista ourensano
Lo último