DÍA MUNDIAL CONTRA ESTA ENFERMEDAD
Ourense apuesta por la investigación contra el cáncer
REDACCIóN
A Concellería de Xuventude do Concello de Ourense vén de solicitar un total de 14 prazas de mobilidade dentro do Proxecto Galeuropa 2016 con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil para que 14 mozos e mozas menores de 30 anos do Concello de Ourense poidan realizar prácticas profesionais.
Os mozos e mozas poderán elexir entre Italia (4 prazas), Malta (5) e Portugal (5), e tal e como ocorrera o ano pasado, irán con todos os gastos cubertos como os que tiveron a oportunidade de traballar en diferentes empresas de Londres durante 3 meses.
A concelleira Sofía Godoy márcase como prioridade "apoiar a formación da mocidade galega mediante a mellora da súa empregabilidade de xeito que poidan constatar unha práctica formativa no estranxeiro como parte do currículo", ademais de que así poidan adquirir "dominio de idiomas estranxeiros".
O programa Galeuropa, vai dirixido a mozos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil que teñan menos de 30 anos. Ademáis a Concellería realizará un curso de apoio do idioma do país de destino da persoa seleccionada. Así mesmo, reservaríase unha praza dentro do proxecto para participantes con diversidade funcional.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DÍA MUNDIAL CONTRA ESTA ENFERMEDAD
Ourense apuesta por la investigación contra el cáncer
SEXTA PROVINCIA CON MENOS INVERSIÓN
Ourense se sitúa a la cola de España en atracción de inversión extranjera
Lo último
LA REVISTA
PALCO, o novo escaparate para Galicia
ASESINATO DE EDWIN ARRIETA
La Justicia tailandesa rechaza los recursos de Daniel Sancho y mantiene su condena a cadena perpetua