HORIZONTE DE INCERTIDUMBRE
Ourensanos con plaza en Justicia siguen sin tomar posesión del cargo
Día das Letras Galegas | Entrevista
O poeta ourensán Javier Rodríguez vén de gañar o certame de poesía Eduardo Pondal, cando xa recibiu este mesmo ano dous galardóns máis, o Eloy Lozano e o Miguel Hernández.
Como é a súa obra premiada, “Unha casaca escarlata”?
Son un conxunto de poemas artellados nunha visión poética desta crise, interpretando a pandemia fóra das súas coordenadas habituais cunha visión crítica e irónica da excesiva entronización da cultura visual e as novas tecnoloxías. Non estou en contra das redes, pero penso que hai demasiada fascinación por proxectar a propia imaxe.
O público desconectou da poesía en favor doutros formatos?
Eu penso que sempre foi minoritaria. Os seus lectores son poucos, pero fieis e atentos. E isto pode resultar unha vantaxe, ao ter un espazo modesto pero estable. Agora se fala da crise da palabra, pero nunca foron bos tempos para a lírica. Aínda así, cando hai un discurso novedoso e orixinal, a poesía perdura.
Que o levou á literatura?
Sempre fun un lector omnívoro, pero como escritor madurei de forma precavida. Para escribir, o camiño é o do lector xeneroso.
Que opinión ten da figura de Xela Arias, homenaxeada este Día das Letras?
Ten unha obra extremadamente audaz, cunha poesía de enorme ambición que mellora co paso do tempo polo seu afán renovador. É unha referente para todos por ser valente coa palabra e explorar novos mundos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
HORIZONTE DE INCERTIDUMBRE
Ourensanos con plaza en Justicia siguen sin tomar posesión del cargo
184 CASOS POR CADA 100.000 HABITANTES
Ourense, a la cabeza española en prevalencia de casos de esclerosis múltiple
FEIRA VIÑO VALDEORRAS
Un sector que busca a excelencia
Lo último
SUPUESTOS NARCOTERRORISTAS
Un nuevo bombardeo estadounidense sobre una lancha en aguas del Pacífico deja tres muertos
LISTADO COMPLETO
Buscador | Consulta aquí las 506 zonas de baño en Galicia 2026
ENCUENTRO MILITAR
Cuba y Estados Unidos mantienen sorpresiva una reunión en Guantánamo