MÍNIMO HISTÓRICO
Ourense registra su peor arranque de año en natalidad
Los nuevos alcaldes
José Luis González enfronta o seu segundo mandato á fronte do Concello de Amoeiro, outra vez con maioría absoluta. Espera que este sexa o mandato das infraestruturas que consoliden a Amoeiro como un lugar para vivir.
Que valoración fai dos resultados electorais do 28 de maio?
A seriedade, a humildade e a honestidade creo que foron claves para volver a ter, por segunda vez consecutiva, a maioría absoluta. Trato de estar moi atento cos veciños para atendelos o máis pronto posible. Creo que foi a clave para poder gañar outra vez.
Son esas cousas do día a día as que máis inflúen nun concello rural como Amoeiro?
Totalmente. Sobre todo se es nativo do concello. A xente xa te coñece, sabe de que familia es… tes outra forma de andar e vivir o concello.
Dende o día das eleccións ata a investidura houbo rumores dun posible caso de transfuguismo no seu partido. Foron certos?
Si, algo houbo. Aínda así, todo o grupo de goberno que hoxe está comigo foi leal. Houbo intentos de compra dalgún dos concelleiros do meu partido. Tratouse de comprar á xente máis “débil” para que non lograramos a maioría absoluta.
Eses rumores dicían que era o PP o que andaba detrás dos seus concelleiros. Érao realmente?
Parece ser que si.
Como foi a relación coa oposición durante estes anos e como espera que sexa no próximo mandato?
Foi boa, e espero que siga igual os próximos catro anos. Sempre imperou o respecto.
Cales serán os eixos deste mandato?
Espero que este mandato sexa o do centro de día, co que estamos á espera da resolución. E tamén será o ano, que xa está aprobado, do campo de fútbol. Amoeiro leva dende o 75 cun campo de terra e, para min, son os dous grandes proxectos para este ano, xa non só para este mandato. Falando máis a longo prazo, queremos rematar a ruta dos muíños do Formigueiro e levala ata a aldea do Formigueiro, ampliando o camiño 1,2 quilómetros pasando por catro muíños máis.
Coa pandemia houbo un movemento de volta ao rural do que Amoeiro se aproveitou. Ten pensada algunha medida para manter este fluxo de poboación?
Sobre todo manter os servizos básicos. Inauguramos hai pouco as pistas de pádel, imos remodelar o campo de fútbol, estamos a rematar o ximnasio… Os servizos básicos clásicos tamén: internet, escola, centro de saúde… Eso todo é o que hai hoxe en Amoeiro e o que aspiramos a seguir tendo. Tamén me está sorprendendo que o ano pasado naceron oito nenos e este ano xa van seis. Por iso tamén é importante conseguir a gardaría.
Os alcaldes socialistas sempre mencionan o problema de financiamento por parte da Deputación. Espera un cambio coa chegada de Luis Menor?
Paréceme que si. Semella que Luis Menor ten outro criterio. Coñézoo persoalmente e temos unha relación cordial. Creo que o reparto dos fondos vai cambiar coa sua chegada, ou iso espero.
Como está a economía do Concello?
Estable. Nos últimos tres anos fomos capaces de xerar remanente e temos un Concello saneado.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÍNIMO HISTÓRICO
Ourense registra su peor arranque de año en natalidad
PROYECTO "CAMINO VERTICAL"
La Diputación pone en valor la Vía de la Plata
Lo último
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que el PP dice que no y Jácome dice que sí?
reunión inesperada
El Papa y Bad Bunny, ¿juntos en Madrid?
DE UNA CADENA HOLANDESA
El Supremo confirma que El Rosco de Pasapalabra es una obra protegida: debe cesar su emisión