MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
ENTREVISTA
Nove semanas despois de asumir o liderado de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro (San Ciprián, 1977) traza a folla de ruta dunha formación que aspira a obter un bo resultado nas vindeiras eleccións municipais de 2019. Onte visitou a agrupación de Ourense.
Que lle trae por aquí?
A propia acción do partido. Estamos contactando con todas as agrupacións, metidos nun traballo orgánico de expansión e ir facendo que medre o proxecto, Ourense é moi importante, co capital humano que ten como Xosé Mosquera ou Lucía Nespereira.
Como afronta o partido esta nova etapa?
O congreso do 21 de xaneiro foi de reinicio de actividade, reseteamos. Fai falta implementar cousas, os valores e ideas son os mesmos, pero o cambio de caras fai que mude a forma de traballar.
O resultado das autonómicas foi unha desilusión?
Esas eleccións as afrontábamos de forma distinta ó resto, queríamos seguir medrando. Temos que fuxir dos suflés das confluencias e mareas. Nós, a diferenza deles, somos un partido forte. Gústame usar un símil, en Compromiso estamos facendo un caldo, e require tempo, cariño,
non vale facelo nunha olla exprés, que é o que pasa coas mareas ou Democracia Ourensana, que practican un populismo barato, que nada bo trae.
É difícil que cale unha mensaxe moderada cando todo está tan polarizado?
Non me gusta encasillar o partido. Hai unha etiqueta clara, ser galeguista. Pero a nosa acción política é implementar decisións que fagan que Galicia sexa un lugar bo para vivir. Non quere dicir que fagamos política de esquerdas, dereita ou centro. Creo que ese debate ten que estar superado.
Concurrirán en solitario ou teñen aberta a porta a algunha confluencia?
Ese debate está superado, o camiño de Compromiso é ir en solitario no maior número de concellos posibles, a meta é nun tercio do total.
Será Xosé Mosquera o candidato en Ourense?
A min persoalmente si me gustaría, pero ten que decidilo el. É un dos valores que dá empaque ó proxecto.
Como ve Ourense?
Fai falta sentidiño na acción política. Boto de menos máis peso do único alcalde do PP dunha cidade dentro das decisións do seu partido. Hai tamén unha anomalía política, Democracia Ourensana, baseada nunha campaña de marketing e populismo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONATO EXTINGUIDO
Vídeo | Se desata un incendio forestal en una cantera de Untes
Lo último
ENTRE EL RESPALDO Y LAS CRÍTICAS A ESPAÑA
Los ministros de Interior de la UE afrontan este martes la tragedia humanitaria de Ceuta
MÍNIMO DE CASI DOS DÉCADAS
El paro sube en julio hasta los 2,31 millones pero el desempleo juvenil alcanza un mínimo histórico