EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
ENTREVISTA
Xabier Cid non é poeta, ou non o considera. É consultor de comunicación e agora desenvolve novas facetas. "Síntome un pouco o farsante", confesa, tras recoñecer que non se dedica a escribir poesía de xeito habitual, fíxoo "para levar o premio". Vive en Stirling (Escocia), onde leva xa vai para 12 anos.
Que nos pode dicir da súa obra?
A obra ten unha parte importante da miña experiencia co mundo da bicicleta. Non do ciclismo de montaña ou de competición, senón da bicicleta de dar paseos, do desfrute da bici. Non diría que é o tema, pero é unha parte. Poderíase dicir que é un libro sobre a "nada", sobre a inutilidade de dicir as cousas . Despois hai, como en todas as poesías, algo de amor, algo de morte...
En que se inspirou?
Hei de confesalo. Pero nin meus pais o saben...Levo uns meses repartindo comida a domicilio en bici. Digamos que non é algo que quero ser de maior, pero esa experiencia tíñame que servir para algo. Non dubidei de que tiña que sacar algo de aí. Se tes un traballo así, saca algo de rendemento. E de aí saquei a inspiración. Ademais, en vez de ir ao ximnasio, fago bici.
O xurado resaltou que o fixese cunha voz feminina. Foi así?
En parte, si. A persoa que fala é de xénero gramatical feminino. O xurado leuno e pensou: é unha muller. E asociaron que era un libro escrito por unha muller. A protagonista pode ser unha muller ou unha persoa de xénero non binario. Hai que superar o binarismo, por iso quixen xogar con iso.
Non é un escritor tradicional?
Escribín unha pequena novela no 2000 e o motivo foi o mesmo ca neste caso, por un concurso. Escribo porque escribir é o natural do ser humano, pero literatura como tal, non. Síntome algo farsante, alguén que se aproveita da circunstancia. Mérito ten o que escribe a cotío.
Por que non en inglés?
O meu inglés é bo, pero non o suficiente como para gañar concursos literarios. Penso en ambas linguas, pero cando me sento diante do papel, só me sae o galego.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último