Lucas centra a súa tese nas gaivotas e nos “efectos maternos anticipatorios”
Increméntanse as diferenzas entre irmáns dunha mesma niñada ante situacións de perigo
Os xenes e as condicións ambientais determinan principalmente as características das crías de calquera ser vivo. Pero esas condicións ambientais xa son transmitas polas nais mediante o coidado e os recursos que dan aos seus fillos, mesmo antes do nacemento. En analizar cales son estes efectos manternos centrou a súa tese de doutoramento Alberto Lucas, concretamente no desenvolvemento da gaivota amarela (Larus Michahellis). Explica o investigador que as nais non só inflúen no fenotipo da descendencia mediante os xenes, "en moitas especies, unhas condicións benignas durante o desenvolvemento permiten unha maior eficacia biolóxica". E dicir, que os efectos maternos non representan unicamente unha transferencia pasiva da información ambiental á descendencia, "senón que tamén son un axuste activo do fenotipo dos fillos a un determinado ambiente", o que se coñece como "efectos maternos anticipatorios". Lucas analizou o caso das gaivotas amarelas baseándose no feito de que en ambientes cambiantes e predicibles a curto prazo "as nais poden programar o fenotipo dos fillos ao ambiente no que se atoparán tras o nacemento" e subliña que as aves son un bo sistema de estudo dos efectos maternos, "posto que nun ovo as nais depositan todos os recursos necesarios para o desenvolvemento , como por exemplo, nutrientes, antioxidantes ou hormonas".
Ao estar adaptadas ao voo, durante os primeiros días de vida as aves son moi vulnerables a depredadores, como o visón americano. Por iso, a rapidez en ocultarse e o tempo que poden permanecer inmóbiles determina a súa pervivencia. Pero neste comportamento está presente a influencia materna, xa que en certas situacións, as nais poden incrementar a súa eficacia biolóxica favorecendo a uns fillos sobre outros. No caso das gaivota, poñen o último ovo máis pequeno, varios días despois e con menos recursos. En condicións favorables poden saír todos adiante, pero no caso de perigo, esta estratexia favorece aos primeiros ovos e asegura a supervivencia de parte da niñada.
O estudo de Alberto Lucas, dirixido polos profesores Alberto Velando e Judith Morales, centrouse na illa de Sálvora entre 2010 e 2013 e confirmou o papel dos efectos maternos sobre o fenotipo da descendencia, en resposta a distintas condicións ambientais. As conclusións amosan como as nais expostas ao visón durante a formación dos ovos incrementaron as diferenzas comportamentais e morfolóxicas entre os irmás dunha mesma niñada, posiblemente para favorecer a determinados polos. Por outra banda, o estudo de Lucas determina que os segundos fillos destas nais expostas ao visón reaccionaron antes tras escoitar o grito de alarma e tiveron un comportamento más tímido, mentres que os terceiros fillos foron máis rechamantes e pesaron menos que os seus irmáns. Outra das conclusións é que as nais modificaron a duración do desenvolvemento no ovo do terceiro polo, posiblemente para reducir la diferenza de idade cos seus irmáns.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
CADA 20 DE JUNIO
Día Mundial del Refugiado: la dura realidad de los niños refugiados
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
“Señor das moscas”, de William Golding
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA