MÁS VALE PREVENIR QUE APAGAR
Ourense se prepara contra el fuego: un gran simulacro para garantizar una respuesta eficaz
CONCERTO
O nome do Café Cultural Auriense xa revela o que o espectador se vai atopar alí. A cultura, especialmente a música, é a protagonista deste local da praza do Correxidor, que nos últimos 16 anos, baixo o mandato de David Paz, atesora xa máis de 1.400 concertos, alomenos 100 cada ano.
Hai citas do Auriense que están marcadas no calendario: o último luns de cada mes é unha delas. As "jam sessions" levan xa uns anos consolidadas como unha das opcións musicais máis interesantes do comezo da semana na cidade. "Non é coma un sábado, pero normalmente está cheo, hai días que se xuntan máis de 100 persoas", conta Paz, que asegura que "a gran época destas sesións, o verán, está a piques de chegar".
Máis que un concerto
Dez anos levan celebrando esta reunións e esta noite, o Auriense festexa a Jam Session número 110. "Nunca tivemos que suspender, aínda que si é certo que hai noites nas que custa máis", explica Paz. E é que coma mandan os cánones deste tipo de concertos informais, non hai plan previo. Pode participar calquera músico que queira ser escoitado: "So é unha xuntanza de músicos que improvisan. Uns traen pezas preparadas, outros mezclan cancións... non se pode anticipar nada". Acostuman a comezar a tocar ás 22,00 horas, pero hai veces "que temos que esperar un pouquiño máis para que cheguen músicos".
Nestas citas téñense xuntado grupos dos cinco continentes: "Desde os coñecidos La Pegatina ate músicos australianos, xaponeses ou senegaleses", conta o xerente do local.
110, e as que están por vir
O obxectivo de Paz, desde o comezo das "jam sessions", foi "dinamizar a cultura e ofrecer un espazo aberto á cidadanía". Unha proposta que se consolida e que pretende seguir sendo a raíña dos luns. Confesa Paz que "a miña intención é xubilarme no Auriense".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁS VALE PREVENIR QUE APAGAR
Ourense se prepara contra el fuego: un gran simulacro para garantizar una respuesta eficaz
MÍNIMO HISTÓRICO
Ourense registra su peor arranque de año en natalidad
PROYECTO "CAMINO VERTICAL"
La Diputación pone en valor la Vía de la Plata
Lo último