Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
Mónica Alonso (artista)
A artista Mónica Alonso expón a obra "Todxs somos Únicxs" na Sala Alterarte del Campus de Ourense. Trátase do resultado dunha investigación artística na que contou coa participación dos alumnos do Campus de Ourense sobre a interpretación cromática de varios conceptos. A artista galega ten experiencia internacional con exposicións de diferentes obras en Chile, México e Italia.
Todxs somos únicxs estrenouse o 6 de marzo, pero con motivo do inicio do estado de alarma paralizouse. Agora volve estar aberta ao público hasta o día 23 de outubro.
Cal foi a inspiración para empezar este proxecto?
Dende un principio quixen facer partícipe á comunidade universitaria. Tamén quero que a arte contemporánea se achege á xente máis nova. Tamén quero que se achegue a outras disciplinas nas que se pode pensar que a arte contemporánea non está neste tipo de investigacións. Ademais tamén quixen transmitir que os alumnos poden participar na elaboración dunha obra contemporánea.
Como foi a acollida do alumnado para participar nesta iniciativa?
Os alumnos tiveron unha resposta moi boa. Tiñan que cubrir un cuestionario no que respondían a preguntas como: como te defines?; existe algunha cuestión que che preocupe?; en que cres que eres único?; tamén tiñan que asociar conceptos como felicidade, amor, odio, saúde, enfermidade ou éxito cunha cor. Ademais, pedínlles que fixeran unha descripción do seu cuarto de estudo e do seu espazo ideal. Despois, eu fun facendo os debuxos seguindo os resultados dos cuestionarios.
Na exposición pódese ver tanto a descripción que fixeron os alumnos, como o debuxo resultado da miña interpretación. Ademais está incluida unha listaxe con todas as descripcións que os alumnos fixeron ao responder á pregunta de porqué son únicos.
Hai elementos en común nas respostas que deron os alumnos sobre os conceptos?
Levo traballando na percepción cromática e é moi curioso que hai unha preferencia maior pola cor amarela entre a xente xove. Por exemplo, na madurez a felicidade asóciase coa cor verde e na xuventude co amarelo. Tamén forma parte da exposición a obra CZ12, un cuadro de cor azul porque é a cor preferida para moitas variables.
Para os alumnos, este proceso tamén serviu para autocoñecerse mellor?
Si. A través das respostas do cuestionario e das cores que asociaban, eu facía unha valoración da personalidad de cada un dos alumnos. Continuei facendo máis preguntas aos participantes que quixeron seguir e así chegamos a completar un total de dez perfiles que tamén forman parte da exposición.
Que conclusións sacou desta investigación?
Por un lado gustoume a elección do tema cromático porque vin preferencias polas cores máis claras e sírveme para o meu traballo sobre a percepción cromática en diferentes grupos sociais. Pero, tamén me serviu para ver o perfil e inquedanzas dos estudantes. Moitas veces pensamos que teñen unhas preocupacións e despois son outras. Neste estudo refléxase que o futuro, a familia e a amizade son conceptos moi importantes para os alumnos.
Como afectou á exposición o parón provocado pola pandemia?
Cando se decretou o estado de alarma a mostra quedou suspendida e toda a teoría e enerxía da montaxe quedou un pouco paralizada. Tamén agardábamos que houbera visitas do alumnado e dos profesores. Esperemos que se retome ese interese e se potencie esa parte máis didáctica e activa da exposición.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
VACUNACIÓN MASIVA
Nueva convocatoria contra la gripe para mayores de 60 años
Lo último
UNA VIDA DE COLECCIÓN (VIII)
Cuando lo importante es tirar y bailar bien
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
COLOR DEL AÑO
Cloud Dancer: minimalismo, calma y moda en un solo color