Máis de 400 coches de ocasión estarán á venda en Expourense
VI Car Outlet Ourense llega a Expourense este esta semana
Máis de 400 coches de ocasión e segunda man sairán á venda esta fin de semana en Expourense. Foi a cifra que aportaron os organizadores do VI Car Outlet Ourense, que se desenvolverá entre mañá e o domingo, nunha presentación que tivo lugar onte no recinto feiral.
No acto interviron a xefa territorial da Consellería de Economía, Alicia López; o director xerente de Expourense, Rogelio Martínez, o presidente da Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense (Acauto), Ramón Seijas, e o vicepresidente, César Fernández Mosquera.
O parque automobilístico ourensán é o máis envellecido de todo o Estado, segundo os últimos datos dispoñibles, cunha idade media de máis de 17 anos. Por iso, dende a organización trasladaron que se trata dunha “boa ocasión” para rexuvenecer este parque aproveitando as ofertas dispoñibles nesta cita. Haberá vehículos quilómetro cero, seminovos, de xerencia e de segunda man. A franxa de idade con maior demanda son os automóbiles de entre 3 e 7 anos, polo que terán unha notable presenza no salón.
No Car Outlet participan 15 concesionarios asociados de Acauto. Exporán vehículos pertencentes a un total de 24 marcas, segundo cifraron onte dende a organización. O salón abrirá mañá de 11,00 a 20,30 horas; o sábado, de 10,00 a 20,30 horas, e o domingo, de 11,00 a 20,00 horas. A entrada custa 3 euros e é de balde para os menores de 12 anos. Ademais, haberá un servizo de ludoteca gratuíto a disposición dos visitantes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Juan Pina
Demos la bienvenida a Armenia
Luis del Val
No todos son bueyes
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
Alfredo Conde, señor de Brión
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 8 de mayo