EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
A oferta cultural da cidade non foi quen de fuxir dos atrancos económicos, de xeito que o Fito, o Festival de Cine ou as exposicións do Centro Cultural non teñen máis remedio que idear alternativas de futuro para sobrevivir.
Que llo pregunten senón ó grupo de teatro Sarabela. Ben é certo que foron problemas de falla de concreción coa concelleira de Educación, Ana Garrido, os que os organizadores esgrimen para non programar a sexta edición do Fito. Pero non menos certo é que, sen crise, probablemente non tería sido tan complicado que o Concello fixase unha cantidade a tempo para acceder ás axudas de Agadic. Porén, antes de tachar a cita teatral das axendas, pódena marcar cun interrogante, pois a organización segue 'disposta ó diálogo', aínda que sen noticias do goberno local.
MENOS CINE
Falla de concreción semellaba ter tamén o Festival de Cine e xa non é o primeiro ano. A edición do 2012 bailou ó compás da saída da Deputación provincial do Consorcio que o rexía. Aconteceu en xaneiro de 2011 e, en adiante, transcorreron meses de incertidume que finalmente concluíron cunha 17 edición do OUFF mermada non só no orzamento, senón tamén na formulación. Dende o ano pasado -posto que o argumento volve repetirse nesta ocasión-, tan só admite longametraxes e foi reducindo galardóns.
A estes problemas, xa de por si complicados, hai que engadirlle a crise política derivada da operación Pokemon con cambio de titularidade na Concellería de Cultura e a entrada en escena dos procedementos xudiciais, que obrigaron a readmitir ós traballadores despedidos. Con todo, a inversión no Festival rebaixouse máis da metade (600.000 euros en 2008 e 300.000 o ano pasado). Previsiblemente, a tendencia continuará á baixa. A raíz de toda a polémica institucional, as axendas perden tamén unha cita puramente estival que durante varias noites reunía na praza de San Martiño a numerosos espectadores para gozar de cine ó aire libre. Era o ciclo 'Baixo as estrelas' e, de momento, xa non o hai.
Paralelamente ás dificultades do OUFF, o grupo Ábaco tomaba en Valencia unha decisión que a piques está de eliminar o único cine que permanece na cidade. A liquidación da empresa, propietaria das salas Cinebox, transcorre estes días agardando a que outras compañías se interesen polo recinto cinematográfico do centro comercial Ponte Vella, onde, por certo, se realizan as proxeccións do Festival.
EXPOSICIÓNS MÁIS LONGAS
Os tempos non son bos para a cultura en xeral e tampouco o eido artístico escapa da (in)xusticieira crise. No centro cultural Marcos Valcárcel da Deputación atoparon unha solución para seguir mantendo a oferta. 'Antes as exposicións duraban un mes e agora veñen durando practicamente todas dous meses', explica o seu director, Francisco González. Son menos as mostras programadas cada ano, pero permítenlle ó edificio non carecer de oferta plástica. Do mesmo xeito, 'reducimos a partida dos catálogos' eliminándolles páxinas, conta.
A Escola de Artes e Oficios, dependente do centro, afronta a crise cobrándolle a matrícula (50 euros) e unha taxa mensual de 10 euros ós alumnos, que de bo grado aceptan con tal de seguir aprendendo.
De Novacaixagalicia, pola súa banda, non hai moitas novas ultimamente. Entre a fusión das caixas e o futuro da obra social en suspenso, as grandes exhibicións artísticas da Praza Maior deixaron de recoller titulares porque simplemente deixaron de ser as que eran.
Estes son só algúns exemplos de como os tempos son malos para a lírica, pero en Ourense tamén para a prosa e as artes, que seguen buscando alternativas para sobrevivir.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último