EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Compromisos institucionais de última hora impediron ao reitor da UVigo, Manuel Reigosa, realizar ou aprazar unha entrevista con La Región. Tralos acontecementos nos que o Campus estivo de actualidade por unha discriminación sinalada dende a comunidade universitaria, partidos políticos, sindicatos e asociacións, aceptouse a "solución" prantexada dende a UVigo: un cuestionario vía e-mail enviado o pasado martes, antes de que se aprobase a creación dun grao inesperado no Campus (Relacións Internacionais) e doutro de Xestión Hoteleira en Santiago que, co grao público en Turismo que terá a UDC, fan competencia a un título que era exclusivo en Ourense: Turismo.
Na reunión de reitores galegos de 2017 acordaron 14 títulos novos para tódolos campus, menos Ourense. Que se gañou aquí?
Tomei posesión en xuño de 2018, non participei no acordo. A política que se seguiu foi fortalecer as titulacións existentes e defendelas, mentres as outras universidades foron máis permeables a cambiar titulacións con baixa demanda por outras. O Consello de Campus está satisfeito coa defensa das titulacións, pero estamos abertos a contemplar implantación de títulos, substituíndo algún dos existentes.
USC e UDC anuncian títulos que non se comtemplaban no acordo. Porque a UVigo non loitou igual para sumar en Ourense?
Tivemos un debate para cambiar algunha titulación existente por outra nova, pero o centro implicado preferiu manter o título existente. E o equipo de goberno tamén considerou que as alternativas non eran satisfactorias. Todos os graos novos aparecían no acordo, se ben algún deles modificou o seu título.
Aceptou que os títulos propostos da UVigo fosen interuniversitarios a cambio de participar no máster de Nanociencia que lidera a UDC?
O acordo de 2017 é público e, insisto, nós non participamos. O acordo pechou o mapa de graos, o de mestrados é mais dinámico e acórdase ano a ano.
Sorprenderíalle ver aprobado algún máster exclusivo nalgunha universidade galega?
Obviamente, aqueles másteres que propoña unha universidade e ningunha outra teña interese en entrar, serán exclusivos.
A vicerreitora, Esther de Blas, considera o “menor perxuizo" se o máster de Aeronáutica que demanda a Escola en exclusiva é finalmente interuniversitario con A Coruña. Comparte a súa visión? Qué suporía para Ourense compartir o máster?
Os órganos de goberno da UVigo xa se posicionaron con rotundidade a favor da implantación exclusiva. No que insistimos a vicerreitora e eu é que hai un acordo asinado polas tres universidades e pola consellería no que se priman as titulacións interuniversitarias. Se a decisión final fora compartila, temos a garantía de que o máster se impartiría exclusivamente en Ourense e baixo o noso liderado.
Aeronáutica pediu unha “defensa máis contundente". Loitouse o suficiente pola exclusividade?
Non creo que haxa dúbidas sobre o traballo da Vicerreitoría e da Reitoría. Estou moi satisfeito do traballo de Esther de Blas.
O edificio do Campus da Auga segue pendente de licencia de apertura. O Concello anota que falta documentación da UVigo.
O centro obterá en breve a licenza e difundirémolo oportunamente.
A primeira promoción de Aeroespacial chega a cuarto de carreira sen saber se utilizará os laboratorios. O retrasos merman a calidade da ensinanza?
A primeira promoción e as seguintes van poder sentirse orgullosas da formación recibida. Esperamos que a Escola se estableza coma unha das mellores e sexa moi competitiva na formación, na investigación e na transferencia á sociedade. Durante moito tempo se atacou a este centro baseándose en feitos que non son certos. Temos excelente cadro de persoal e equipamentos magníficos. É certo que tivemos que facer esforzos para que non se adiase nin a contratación de profesorado, nin a compra de equipamentos, pero estamos moi satisfeitos e agradecidos polo esforzo de moita xente. É importante que a sociedade de Ourense saiba que a Escola é de alto nivel. A guinda do pastel será a posta en marcha dun edificio específico.
Foi inxusta a supresión do doble grao en ADE e Informática? A UVigo negociou? De Blas considera suficientes dous anos para valorar a tasa de abandono. Compárteo?
Grazas a unhas negociacións intensas e ben levadas, confirmouse que acadamos unha mellora obxectiva do mapa de titulacións, que permitirá implantar en 2021 Relacións Internacionais en Ourense. En canto a ADE-Informática, foi unha sorpresa coa que non contabamos, pero os datos de evolución non eran positivos e por iso a Xunta decidiu de xeito unilateral, sen posibilidade de negociar, suprimilo. Estamos comprometidos a buscar unha solución, porque pensamos que é unha dobre titulación que debería ser moi atractiva. Pensamos que tamén podemos avanzar noutros dobres graos de interese no campus.
A Enxeñaría Agraria cóstalle chegar aos mínimos. Hai plan de mellora dende a UVigo? Desaparecerá nun futuro próximo?
Os datos de matrícula non son moi bos, pero a titulación ten futuro, na medida en que Galicia remonte no emprego e na industria agraria. Estamos negociando manter a titulación nos campus de Lugo e Ourense, cunha serie de acordos entre as dúas escolas e a Xunta.
Nunha reunión con Baltar en 2018 comentou o plan de novos títulos en 2021. 2021 non é un horizonte afastado mentres o resto de Campus medran? Hai propostas? Tendo en conta a potente industria textil, non podería estar Deseño no Campus?
Temos abertas varias vías de colaboración importantes nos eidos da formación, a investigación e a transferencia, nos ámbitos empresarial e industrial. Para o futuro, queremos utilizar as fortalezas do campus para atraer novas titulacións que o fortalezan aínda máis. Queremos escoitar todas as propostas que nos cheguen, moi especialmente desde o Consello de Campus e tamén escoitaremos a empresarios e institucións. O que non toca neste momento é facer propostas concretas. Obviamente, deixamos a porta aberta a melloras antes do novo mapa.
Como valora as declaracións de plataformas, partidos políticos e asociacións sobre a suposta discriminación do Campus?
Unha das claves nas que hai que entender o Campus de Ourense é a reivindicativa. Aprecio extraordinariamente o nivel de esixencia que percibo e a mobilización da sociedade civil. Isto é un moi bo sinal. Amosa o compromiso das persoas que integran o campus e quere dicir que temos a confianza da sociedade. Apelo a que todos nos sintamos orgullosos do campus de Ourense, porque é un campus moi forte.
A potenciación dos Campus periféricos de Ferrol, Lugo e Pontevedra é maior, menor ou igual que a que se fixo con Ourense?
Desde os puntos de vista investigador e de transferencia, desde o punto de vista das titulacións implantadas e do de captación de alumnado, o Campus de Ourense ocupa unha moi boa posición, cunhas fortalezas moi salientables. Penso que é un campus do que podemos, como galegos, estar orgullosos. Como reitor, estou moi satisfeito polo traballo que se realiza e pola calidade do campus, no que seguiremos a traballar, ao igual que en Vigo e Pontevedra, para que acade o seu máximo potencial.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último
Chito Rivas
RECUNCHO HEBDOMADARIO
Os arquivos do terror
Benito Iglesias
La ministra y la quimera de la vivienda asequible
CONFLICTO EN EL CARIBE
EEUU pone cerco al petróleo venezolano con dos abordajes