EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
Os rostros de Nós
Nome: Manuel Caride, “Macaco”.
Lugar de nacemento: Ourense
Especialidade artística: Ilustrador e pintor.
Manuel Caride “Macaco” aporta á colección “Os rostros de Nós” a súa interpretación do retrato de Vicente Risco e nela nótase a pegada dunha nova etapa creativa do artista ourensán, máis ligado ca nunca á natureza.
Esta nova proposta chegou coma un novo reto.
Encargáronme a lámina de Vicente Risco e foi un momento de inspiración moi grande no que decidín tirarme directamente ao río e facer o orixinal durante esa mesma noite.
Coñecía a súa obra?
Si, si, a Xeración Nós interésame moitísimo. Vicente Risco, Otero Pedrayo, Castelao… Parécenme figuras fundamentais para a nosa cultura, hai que defendelas. O seu legado e os seus pensamentos, que seguen e seguirán vixentes porque son universais.
Como decidiu abordar o retrato de Vicente Risco?
Fíxeno de xeito figurativo pero quería simplificalo e sintetizalo moitísimo e baseime nas cores, o azul e o verde, que representan para min a Galicia costeira e a Galicia do interior, a de Vicente Risco. Na lámina temos unha referencia tamén ao que é a Ribeira Sacra. E as súas lentes son todo un símbolo. De feito, teño que ir ó o oftalmólogo e vou coller unha montura dese tipo, seguro.
É un retrato que chega enseguida ao quen o observa.
Impacta un pouquiño ao principio pero eso é o que busco sempre, abrir as portas da mente da persoa. Despois según os seus gustos pode gustarlle ou non, pero ese primeiro impacto é importante.
Síntese máis cerca agora mesmo de Risco?
Si, del e de toda esa xeración. E é curioso porque eu non me criei aquí, pero coñezo moita xente que estivo fóra polas circunstáncias da vida e cando regresaron a Galicia desenvolveron un sentimento todavía máis profundo que o que ten moita xente de aquí. Eso foi o que me pasou a min. Síntoo así, a verdade.
Vicente Risco era o mestre de mestres. Que importancia tiveron para vostede os mestres da súa vida?
Moitísima, creo que a educación é fundamental para o ser humano, para que creza e se desenvolva. Agora coa pandemia estou adicándome á miña obra. Non podo dar clases pero levo vinte anos en Afundación ensinando pintura e debuxo, e encántame a docencia en todo tipo de idades. Din moitos anos clases en ASAC (Asociación de altas capacidades de Galicia), e é incrible a capacidade dos nenos de aprender. Esa é a base, ter curiosidade e aprender para crecer.
Hai uns anos que decidiu deixar Compostela e regresar á casa familiar nos Casares, na parroquia de Amoeiro. Que lle aporta este lugar?
Cada mañá acompáñame o son dos paxaros coma unha melodía diaria que é marabillosa, sobre todo para crear. É fundamental atoparse a gusto nun entorno para traballar. Eu tiven varias épocas de urbanita, pero chega un momento no que queres cambiar o chip e a min tirábame moito a natureza, o campo, o seu silencio… Todas esas cousas veñen moi ben para o que eu quero facer.
Esas alusións a natureza están moi presentes no retrato de Risco onde tamén aparecen unhas letras.
Si, a caligrafía galega encántame, traballei nela moitas cousas. As letras están elexidas ó azar pero a ese azar doulle moita importancia, hai que saber xogar con el.
Este lugar (Os Casares, Amoeiro) préstase á reflexión. Cara onde vai a súa obra agora mesmo?
Todas as etapas que pasei son moi distintas pero creo que unha leva a outra e na que estou agora mesmo é a consecuencia das anteriores. Se as comparamos son moi diferentes, tiven unha época moi underground, moi de cómic, ilustración e agora estou cunha arte que a primeira vista semella moi clásica, coma é o óleo, as paisaxes e ata bodegóns pero con algo distinto, que chegue.
Na casa había un artista xa antes, un mestre canteiro, seu pai. Eso tamén o conserva?
Conservo ese gusto polo volume, tallar a pedra… A madeira tamén me gusta pero son moi de granito. Fixen un curso de talla ornamental en Santiago e encantoume, de feito hai unha peza aquí na casa que lle regalei ó meu pai. Agora estou preparando un tallerciño para poder seguir coa talla e combinala coa pintura.
As dúas artes compleméntanse?
Realmente a escultura e o volume están ligados ao debuxo máis que a pintura. Un bo debuxante é un bo escultor e un bo escultor é un bo debuxante. Agora, a pintura nútrese do debuxo para poder crear cousas, inda que son diferentes.
Había unha mensaxe en todo o discurso da Xeración Nós, que era levar o galego a todos os ámbitos da vida e por suposto tamén á arte.
Claro, todo é cultura e máis cando unha cultura ten unha definición coma a nosa. Hai que protexela. Unha cultura propia é unha ventá aberta ao mundo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del CHUO atiende 300 enfermos de cáncer al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último