Manuel Pacho: “A escrita ten sentido se fai reflexionar á xente sobre as súas experiencias vitais"
ENTREVISTA
Manuel Pacho, avogado e escritor, comparte as súas reflexións con La Región
Ao avogado e escritor Manuel Pacho gústalle reflexionar sobre a cotidianidade da vida e incitar ao lector a pensar sobre o “funcionamento do mundo material e inmaterial”. Isto xa o amosou co seu anterior libro “A choiva do mundo”, co que obtivo o Premio Torrente Ballester 2007, e agora pretende facer algo semellante con “O que non ten prezo”. Unha novela que quere “facer unha homenaxe das peripecias dun billete” e narrar o “valor do que non se pode mercar como o amor ou a satisfacción”.
Como iniciou o proxecto da novela?
Quen non pensou sobre o percorrido que fai un billete? Todos temos en conta o valor simbólico dos billetes de 500 euros. Eu quixen aproveitar a contar a historia dun billete e facer unha reflexión sobre o funcionamento do mundo, da sociedade, do que nos importa, do valor do material e do inmaterial. A través desta novela quixen relatar todo isto e, polo tema de blanqueo de capital, o Banco Central Europeo non emite máis reservas destes billetes. Por iso, aínda cobra máis interese contar o prezo dos nosos ollos. Cando vemos un billete, a todos se nos ilumina a cara e, por iso, a portada contén a imaxe do billete de 500 euros.
Onde naceu a súa inspiración?
No fondo amosa que o diñeiro o queremos para cumprir os nosos soños… como viaxar, facer un proxecto e aí é onde subxace o pretexto do billete
Sobre todo é unha homenaxe ás peripecias polas que pasa un billete. Todos temos un nas nosas carteiras e, si unha persoa pensa por onde pasou un billete, dá moito xogo a contar todo tipo de historias. Hai un escritor americano que fixo algo parecido cun billete de cinco dólares e a min pareceume divertido transformalo. Nós, non podemos facer nada cun billete de cinco euros, por iso paseino a un de 500 euros. A novela conta a vida dese billete e a das persoas polas que pasa no seu camiño. Iso serve como radiografía da sociedade, onde está presente a cuestión económica, pero no fondo amosa que o diñeiro o queremos para cumprir os nosos soños… como viaxar, facer un proxecto e aí é onde subxace o pretexto do billete. Hai moitas cousas que son intanxibles e que non teñen prezo como o amor, a felicidade ou a satisfacción persoal.
Que tipo de historias podemos atopar no percorrido deste billete?
Cun estilo gamberro, pero social, viaxamos a diversos puntos do mundo. Dende Ourense ou A Coruña á India, Milán ou Barcelona podemos ver a historia vital do billete. Neste sentido quixen eliminar o estándar de que a novela galega só amose un tipo de nicho. Eu quixen ser máis transversal.
Tivo algún tipo de reto á hora de realizar esta novela?
A escrita, se ten algo de sentido, é para que nos sirva para reflexionar. Para min, se queremos que a escrita sexa algo máis que pura estética, ten que axudar a pensar sobre as nosas experiencias persoais e que un lector se sinta reflectido nas historias. Por iso é importante que sexa un espello da sociedade. Todos, no fondo, temos o mesmo pulso vital. Por iso, no libro traballo a idea de como é o mundo, como nos colocamos e, finalmente, como nos gustaría que fose. Paréceme moi interesante, sobre todo agora que parece que sen o diñeiro non facemos nada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
Las piedras del camino
REVISIÓN DE LICENCIAS URBANÍSTICAS
La vecina que ganó al Concello de Ourense exige el cierre de los garajes de San Antonio