RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
PROGRAMA HOLAPUEBLO
Chandrexa de Queixa, Manzaneda e Castrelo de Miño son os tres concellos ourensáns que destacan como protagonistas do V programa Holapueblo, unha iniciativa que busca revitalizar as áreas rurais en España.
Con identidades marcadas como a “serra e a auga” en Chandrexa, a “terra da castaña” en Manzaneda ou a “Ría do Ribeiro” en Castrelo de Miño, estes municipios, xunto cos lucenses Ribas do Sil, Folgoso do Courel e O Incio representan nesta plataforma o potencial do rural galego para atraer vida e emprendemento á súa contorna rural.
Este programa conecta persoas interesadas en trasladarse e abrir un negocio no rural con localidades que ofrecen oportunidades únicas. A plataforma Holapueblo promove unha loita directa contra o despoboamento, e nela os interesados poden atopar información detallada sobre cada concello seleccionado na web do programa, onde fichas descritivas e un mapa interactivo axudan a comprender o encaixe entre emprendedores e os pobos galegos.
A iniciativa aposta polo futuro das montañas da Ribeira Sacra e o Ribeiro, e engaden que tamén sitúa estas rexións no mapa de territorios rurais con capacidade de innovación e acollida. Os emprendedores que desexen cubrirán un formulario e a súa proposta será avaliada segundo as características dos concellos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
Lo último