EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
ENOLOGÍA Y ARTE
O Centro Cultural "Marcos Valcárcel" acollerá tódolos xoves do mes de novembro, ás 20,00 horas, a cuarta edición de "Cata a Arte", unha iniciativa que mestura degustacións de cinco adegas de viños do Ribeiro con actividades de índole cultural: música, danza e teatro, que amenizarán a xornada gastronómica. A presentación desta nova edición tivo lugar hoxe no Centro Cultural, acto no que participou o deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; o presidente do CRDO Ribeiro, Juan Manuel Casares; o director do Centro Cultural, Francisco González; a xerente de Autismo Ourense, Ana Tejada; e os representantes das adegas participantes no ciclo e a bailarina de danza contemporánea, Nuria Sotelo.
A programación comeza este xoves, 2 de novembro, coa cata a cargo da adega Reboreda Morgadío, amenizada coa actuación musical de Tato Trio. Ao xoves seguinte, o 9 de novembro, será a quenda para a adega Cuñas Davia e para a actuación musical de Mounqup. O día 16 de novembro, actuarán Ton Risco & Jacobo de Miguel durante a cata que ofrecerá a bodega Nairoa. O xoves, 23 de novembro, será a adega Pazo Casanova a que sacará os seus viños acompañados pola actuación de danza contemporánea de Nuria Sotelo & Cris Vilariño. Por último, o día 30 de novembro, pechará esta cuarta edición a Bodega Alanís que ofrecerá os seus viños amenizados coa interpretación de teatro musical de Lili Berlin.
Asemade, esta iniciativa cultural volve a presentarse cun carácter solidario destinando tódolos donativos recadados nestas degustacións gratuítas, á Asociación de Autismo de Ourense, para promover a calidade de vida das persoas con Trastornos do Espectro do Autismo (TEA) e das súas familias ao longo do seu ciclo vital.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del Hospital de Ourense atiende 300 casos oncológicos al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último
OPOSICIONES 2026 EN GALICIA
Galicia oferta 1.601 plazas de oposiciones en Educación para 2026
ACCIDENTE LABORAL MORTAL
Muere un hombre por una posible intoxicación de monóxido de carbono al revisar un generador