MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
PP DE OURENSE
A sede central do PP de Ourense acolleu onte o acto de constitución do novo Comité Executivo provincial, no que o presidente Luis Menor fixo unha chamada a “seguir ensanchando o partido coa incorporación, ou invitación a participar, de todas aquelas persoas que se acheguen a nós para colaborar”. Unha vez finalizado o proceso congresual, a reunión serviu para dar novos pasos cara á “efectiva organización” do partido, apuntou Menor. Así, tralo nomeamento o pasado sábado no XIX Congreso extraordinario provincial, “agora toca poñerse a traballar, cada un no ámbito das súas competencias e sen perder de vista a realidade que nos rodea e as persoas que tamén desexen aportar ideas e traballo”.
Haberá trece novas vicesecretarías: Organización; Igualdade; Mobilización e atención ao afiliado; Emigración; Coordinación territorial (con representantes de todas as comarcas); Termalismo; Turismo; Educación; Sanidade; Servizos sociais; Medio rural; Deporte; e Xuventude. Quedaron tamén constituídos os nove comités: Electoral; de Política Municipal; Emprego e Comercio; Relacións Institucionais e Interparlamentarias; Industria e Minaría; Reto Demográfico; Xurídico; Portavoces; e Veteranos. O Comité Executivo complétase cos coordinadores de quince áreas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONATO EXTINGUIDO
Vídeo | Se desata un incendio forestal en una cantera de Untes
Lo último
VIRXE DA LUZ
Festa da Luz y Danza das Cocas en Santa Tecla
RESPONSABLE DE LA WEB DEL DSN
El Gobierno cesa a un cargo del Departamento de Seguridad Nacional tras publicar la cifra de entradas a Ceuta