EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
O doutor e profesor de Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), Miguel Cabo Villaverde, ten un complicado reto por diante: obter información e escribir unha biografía sobre a vida de Basilio Álvarez. O lendario sacerdote de Beiro, nado en Ourense no 1877 e falecido en Florida no 1943, foi unha figura clave no movemento agrario galego do século XX. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, encargoulle este desafío.
Vai afrontar o reto plantexado polo presidente Baltar?
Si, por suposto. Levo moito tempo co proxecto na mente, pero sempre tiña cousas máis urxentes. A idea ven dende a época na que fixen a miña tese. Nunca remataba de decidirme, ou seguía localizando fontes, dándolle voltas…
Que dificultades presenta escribir esta biografía?
O problema fundamental é que non existe ningún arquivo persoal de Basilio Álvarez. Os historiadores somos escravos das fontes. Tampouco temos cartas escritas a Basilio por outras persoas. Temos datos da súa infancia, pero cando comeza a súa vida pública complícase pola falta de correspondencia. Hai un momento clave na súa vida, cando volve de Madrid a Galicia, e non temos claros os motivos. Sabemos que dixo que é porque botaba de menos Galicia, pero cremos que hai outras razóns, polo movemento que creou aquí.
De que rexistros e fontes dispoñe?
Están as súas obras e as pezas escritas nos diarios. Tamén temos cartas de Basilio a outra xente, a políticos por exemplo. Está o expediente de incautación dos seus bens no 1936 e o expediente da Igrexa enviado ó Vaticano cando foi cesado das súas funcións. Sen embargo, como dixen, non temos o nivel de detalle desexado para unha biografía nalgunhas etapas da súa vida.
Por que motivos foi rexeitado polo obispo de Ourense?
Non só foi primeiro enviado a Madrid polo obispo, senón que no ano 1914 foi suspendido temporalmente “a divinis”, o que lle impidiu exercer o seu cargo ata o 1926. Dende o punto de vista da xerarquía eclesiástica, tiña un perfil político radical, con posicións impropias da Igrexa. Acabou en Madrid e posteriormente expedientado polos seus artigos na prensa, por intentar mobilizar ós labregos sen botar man dos sindicatos católicos, pero sobre todo pola súa radicalidade retórica, que logo non reflexaba coa súa actitud na vida diaria.
Que exemplos quedan desa retórica incendiaria?
Na memoria permañecen algunhas frases famosas como “a dinamita cheira a incenso” ou “os caciques son como xabarís, e xa sabedes o que facedes cos xabarís cando entran nas leiras”. Logo na práctica non se comportaba coma un radical, pero claro, esas frases ditas por un cura… non é o esperado por un home da Igrexa.
De feito cóntase que incumpría o celibato.
Todo iso é certo, cando a Igrexa inicia a investigación para expedientalo o obispo manda chamar a varios veciños de Beiro. Unha das cousas que afirmaban era que mantiña relacións con mulleres. Incluso no futuro viviu cunha muller e tivo dous fillos. Pero ese aspecto máis familiar é unha das cousas que descoñecemos, precisamente pola falta de cartas.
Levoulle o seu espíruto a ter encontronazos ou pelexas?
Basilio chocaba con moitas personalidades: con outros liberais, cos conservadores, cos caciques, con xornalistas… cando morre Canalejas no 1914 queda desprotexido. Os alcaldes daban avisos para que o detivesen, os caciques tiñan campo libre para demandarlle por inxurias, comezaron a prohibirlle mitins… Tivo algún episodio famoso cando aínda era un sacerdote en Madrid. Un redactor criticouno, Basilio foi ó congreso coa sotana e atopáronse no lugar. Deulle labazadas, nunha imaxe que parece sacada dunha cámara oculta. Pero todo é anecdótico comparado co seu traballo pola terra.
Como viviu Basilio Álvarez o exilio?
Basilio estaba en Madrid no momento do golpe; el era do partido radical, e ós radicais matábanos tanto os franquistas como os republicanos. Gerardo Abad Conde era compañero de partido de Basilio Álvarez e foi asasinado en Madrid, polo que decide emigrar e mobilizar as colonias galegas en América, especialmente en Cuba e Arxentina. Pero neses países os centros galegos estaban divididos, como na península. Despois chegan os problemas de saúde e pouco pode facer, ata a súa morte en Tampa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último