RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
A Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia presenta este proximo venres un pioneiro espectáculo arredor da inclusión, que porá en escena o Centro Dramático Galego, creado xunto á produtora Culturactiva como parte das actividades do seu 40º aniversario. A estrea absoluta será este venres 26 de xullo, ás 23:00 horas, no Auditorio Rubén García, dentro da programación, que volve contar co apoio da Xunta.
“Nada se sabe” afonda na liña de traballo inclusivo da compañía pública, en conexión coa futura Lei de cultura inclusiva e accesible e a filosofía da propia MIT, ao levar ao escenario dúas actrices e dous actores con diversidade funcionalque repasan diversas versións da discapacidade no teatro clásico, deténdose nunha adaptación moderna e sinxela de Filoctetes, unha das traxedias gregas de Sófocles, asinada por Manuel Lourenzo. Ignacio García e Fran Rei codirixen esta peza na que contan tamén, a modo de creación colectiva, coas achegas de Francisco Sánchez e do elenco con Carme García Rigau, Rubén Bargiela Sierpes, Corina Alfonso Mañá e Elvis García Torres.
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, interveu no acto de presentación desta pioneira estrea xunto con César Fernández, alcalde de Ribadavia; Fran Rei, membro de Culturactiva; Corina Alfonso Mañá, unha das intérpretes, e o director artístico do festival, Roberto Pascual. Sutil manifestou que este traballo é unha liña necesaria na estrutura pública de teatro e un camiño de longo percorrido.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
Lo último
RESPONSABILIDADES POLÍTICAS
❌ ✅ Encuesta | ¿Crees que la dimisión de Óscar Puente es suficiente?
"LA CULPA NO PUEDE MORIR SOLA"
Óscar Puente dimite tras 4 horas de comparecencia sobre su gestión de los dos accidentes ferroviarios que dejan 114 muertos