PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
Universidad
Entre as novidades da oferta formativa no campus de Ourense para o vindeiro curso académico está na Facultade de Educación e Traballo Social a posta en marcha do curso Especialista en Autonomía de Mozos e Mozas no Sistema de Protección. A iniciativa pretende facilitar ás e aos profesionais que traballan con mocidade tutelada os coñecementos e habilidades necesarios para que poidan deseñar estratexias socioeducativas eficaces e de calidade para acompañar a este colectivo no seu camiño de emancipación, que xeralmente comeza aos 18 anos. O prazo de preinscrición nas súas 18 prazas está aberto ata o 30 de xullo.
Coordinado polo profesor Deibe Fernández Simo e dirixido pola profesora María Victoria Carrera, o curso conta con 360 horas de formación teórica e práctica que se desenvolverán desde setembro de 2021 ata maio de 2022. Ofértanse un total 18 prazas orientadas a complementar a formación e habilidades de alumnado e titulados e tituladas dos graos de Educación Social e Traballo Social, que se imparten na facultade organizadora, así como de outras titulacións afíns, como Pedagoxía e Psicoloxía.
Segundo explica María Victoria Carrera, o curso “constitúe a única oferta formativa especializada en Galicia”, destacando da iniciativa como “a nivel social ten unha relevancia innegable” debido ao seus obxectivos, que son facilitar unha formación especializada no ámbito da protección á infancia e á adolescencia; favorecer o deseño profesional de estratexias específicas no apoio á transición á vida adulta da adolescencia vulnerable e coñecer os procesos de acompañamento socioeducativo con adolescencia en protección. Están previstas 210 horas de prácticas en vivendas tuteladas ou en oficinas de inserción laboral.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
CENSO ELECCIONES GENERALES
Ourense encara el 29-N con récord de voto exterior y la juventud en mínimos
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
Lo último