MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
O Consello Municipal de Igualdade, celebrado onte, recolleu as propostas do PSOE para presentar como candidatas ao XVII Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes ás “nais coraxe” da plataforma ProCAPD, á representante sindical Lola Panero que fora vítima dun altercado co alcalde e á unidade de Viogén da Subdelegación do Goberno.
No documento da proposta presentado onte, os socialistas encomian a “incansable loita” das nais da plataforma ProCAPD, que levan dende o ano 2016 reivindicando a construción e xestión pública do Centro de Atención ás Persoas con Discapacidade. En relación a Lola Panero, subliñan a súa implicación cos dereitos das traballadoras dende a acción sindical dende hai máis de 20 anos, así como a necesidade de “reparar o inescusable agravio ao que foi sometida por parte do alcalde Jácome en 2022”, cando realizaba o seu labor sindical ás portas da casa do Concello. “É unha oportunidade para restituír o seu honor e sentar exemplo”, incidiron.
Tamén se recolleron propostas de actividades para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONATO EXTINGUIDO
Vídeo | Se desata un incendio forestal en una cantera de Untes
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, martes 4 de agosto?
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
4.812 turistas en lata