GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
Entrevista
Naceu en Viana do Bolo en 1982, é profesora de inglés e participou nas últimas tres executivas locais do PSOE e tamén no gabinete cando ostentaban a Alcaldía. “Son unha persoa normal, traballadora e manteño os valores e principios, e sempre disposta a axudar, aprender e mellorar e dar o mellor de min no lugar que me toque”.
Que obxectivo se marca?
O obxectivo principal é ser a dirección local do partido de todos os militantes. Aspiro a ser a secretaria xeral de todos. O que toca agora é pasar páxina, empezar a traballar en positivo e contar con todos os que queiran sumar, aportar e construír, estean ou non na dirección.
A outra parte retirouse con críticas ao inflado do censo da súa lista e á falta de diálogo.
Levamos unha serie de procesos orgánicos. Federal, autonómico, provincial e agora local. Para cada proceso hai un determinado censo que se pecha nunha data e no que o último responsable do mesmo é a dirección federal. No proceso autonómico, o censo eran 623 militantes, no proceso provincial había 707, xa había un incremento de censo motivado pola actualización, e no de hoxe hai 797. É un incremento similar respecto á anterior. É habitual dentro da organización e teño plena confianza nos responsables do censo. Se non se cuestionou noutros procesos tampouco dá lugar agora a que se cuestione. Diálogo? Desde o minuto 1 de comezar o proceso sempre accedín e me prestei a dialogar. A nosa candidatura estivo aberta a todo o que quixera participar. Pola nosa parte hobo diálogo e, en todo momento, vontade de chegar a acordos.
A cidadanía leva a impresión de que o PSOE local sempre éstá a enfrentarse.
Temos una eiva histórica. Pero nesta nova etapa temos que deixarnos a pel para que non volva ser así. Niso estamos todos. E, a partir de aí, hai que facelo realidade. E iso faise contando con todo o mundo, falando e discutindo, pero que quede onde ten que quedar, a nivel interno. Da cara a fóra hai que trasladar que somos xente seria, responsable e que o que nos preocupa é o día a día dos cidadáns.
Como será a relación con Rafael Villarino?
A nosa filosofía é traballar coa máxima lealdade coas direccións, autonómica, provincial e federal. Dende o minuto un porémonos á súa disposición para traballar en positivo. Temos claro que hai moito que facer dentro do partido. Agora toca rematar con estes procesos para saír ás rúas e conseguir o obxectivo importante e primeiro, que é xerar unha alternativa seria, competente e potente para gañar as municipais de 2023.
Seguirá Rafael Villarino como voceiro no Concello?
Esta executiva ten claro que hai que cambiar as dinámicas e poñerse a traballar, e iso é un tema que claramente lle toca ao seno do partido, pero non é algo que lle importe á cidadanía, non é prioritario. O prioritario é pasar esta etapa, pasar páxina, estar pendentes dos problemas dos cidadáns e deixar de mirarnos o embigo.
Vai ser a candidata á Alcaldía?
Ese é outro proceso, que agora non toca e que elixirán os militantes. Cremos que o fundamental é construír un equipo de verdade, serio e que a cidadanía poida ver como alternativa para gobernar. Somos máis de crer no equipo.
Pero sairán os números para gobernar?
Xa o dixemos. Para nós o prioritario é gañar as eleccións, porque esta cidade necesítao máis que nunca, por iso hai que pasar páxina e recuperar a normalidade. E partir de aí, nós somos firmes defensores de que a alternativa nesta cidade pasa por un novo goberno de esquerdas.
Iso é unha declaración de intencións de que non pactarán con Jácome?
Temos que estar listos para gañar as vindeiras eleccións. Haberá órganos do partido que analicen o resultado. Pero agora mesmo a situación da cidade ten dous culpables. Nós somos a alternativa e a alternativa pasa por acabar con ese mal soño que vive Ourense. Nas nosas ecuacións nunca pode estar a parte implicada no problema, máis clara non podo ser. Os culpables do problema nunca poden ser os responsables da solución.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
ROBOS DE COBRE
A la caza del “oro rojo” en Ourense
PUNTOS CRUCIALES
Imágenes aéreas | Un recorrido aún sobre plano
Lo último
ARRANCA LA TEMPORADA
Iván Ares lidera La Nucía con varios pilotos muy igualados
VIOLENCIA VICARIA BAJO IVESTIGACIÓN
Un hombre mata a su hija de tres años en Torrevieja en un caso que se investiga como violencia vicaria
CAMBIOS EN LA MOVILIDAD
Cortes de tráfico en Ourense por la Fiesta de San Lázaro y las madamitas