Noa Presas, candidata ao Congreso dos Deputados polo BNG: "Nós imos marcar a diferenza: temos as mans libres para negociar por este país"
ELECCIONES GENERALES
A cabeza de lista do Bloque Nacionalista Galego (BNG) reivindica o voto útil para frear a dereita e defender Ourense
Noa Presas (Ourense, 1987) repite como cabeza de lista do BNG ao Congreso co obxectivo de lograr o primeiro escano da formación pola provincia. A candidata defende que un só deputado do Bloque ten máis peso ca os representantes dos partidos estatais e reivindica medidas urxentes para reverter o abandono económico de Galicia.
Pregunta. Como está vivindo esta campaña?
Respuesta. Con moita intensidade e cunha percepción moi positiva. Hai unha simpatía crecente cara ao BNG, vista xa nas eleccións galegas. Se a maioría de quen confiou en nós repite papeleta, estaremos no Congreso e marcaremos un punto de inflexión fronte ao bipartidismo.
P. Que cambiaría se o BNG lograse escano por Ourense?
R. Levamos case 50 anos representados por forzas de obediencia estatal. Hai correlación directa entre ter Ourense no vagón de cola e ese bipartidismo que obedece a Ferraz ou Génova. Nós imos marcar a diferenza: temos mans libres para negociar por este país. Cun só deputado logramos melloras ferroviarias entre Lugo e Ourense ou bonificacións na AP-53; fixemos máis que os outros 22 deputados.
P. Que responde ao debate sobre o voto útil?
R. O voto útil é o que vai a Madrid para facer valer Ourense e Galiza, non para obedecer. Pido unha oportunidade: é como un contrato a catro anos; se non cumprimos, que nos despidan.
P. Que esixirían nunha investidura socialista e como avalían a corrupción do último Goberno?
R. A nosa papeleta servirá para frear a dereita, lograr avances sociais e facer valer Ourense. Na axenda estarán as pensións, ao ter Ourense as máis baixas do Estado, o ferrocarril, o saneamento dos ríos, as actuacións urxentes na A-52 e na N-120 e a defensa do sector agrogandeiro na PAC. Ante a corrupción pedimos explicacións dende o primeiro momento, tamén co novo caso de enchufismo na Deputación que implica a cabeza de lista do PP. En máis de 40 anos non temos un só condenado por corrupción.
P. Que suporía un Goberno do PP e de Vox para Galicia?
R. Preocúpame porque o PP está preso das teses de Vox, como propor prohibir o galego no Congreso. Necesitamos máis autogoberno e negociar un novo financiamento para ter a chave dos nosos cartos: en 2024 o Estado deixou en Galiza un déficit superior aos 7.000 millóns entre impostos pagados e recursos devoltos. Non nos poñemos teito este domingo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último