Pontón pide en Ourense unir o voto no BNG ante "a procesión dos caladiños"
NOA PRESAS
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pide concentrar o voto o 29N fronte ao bipartidismo e reivindica a Noa Presas como a voz necesaria para Ourense nas Cortes
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, instou este venres a concentrar o voto na súa formación o 29N para lograr "unha voz forte e libre" fronte á "procesión dos caladiños do bipartidismo". Durante a presentación da candidatura por Ourense no claustro de San Francisco, Pontón criticou que os representantes estatais "están en Madrid defendendo os intereses das súas direccións" e "en ocasións dan vergonza allea polos seus comportamentos".
A dirixente reclamou maior forza nas Cortes, argumentando que "os recursos distribúense en función do peso político ou do peso demográfico". Por iso, pediu "non ir ás urnas nin con medo, nin pola política do mal menor", avalando á candidata ao Congreso, Noa Presas, como esa "voz forte, libre e poderosa".
Pola súa banda, Presas advertiu que "Ourense non pode agardar eternamente" polas infraestruturas e lamentou que "co bipartidismo de sempre Ourense está no vagón de cola", reivindicando que "o BNG é de fiar".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
COLABORACIÓN CIUDADANA
Cómo ayudar al Banco de Alimentos de Ourense: dónde donar comida y cómo hacerse voluntario
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy viernes, 6 de noviembre
EXCESO DE REPRESENTACIÓN
Los resultados de las elecciones en Nueva Zelanda dejan un empate técnico y un Parlamento en el aire