EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
A actual crise socioeconómica derivada da pandemia afecta a todos os estratos da sociedade e, pese a iso, sempre hai un oco para novas oportunidades e o emprendemento. Na Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense (AJE) atópanse moitos dos novos proxectos que están a xurdir, nos que a innovación, incluso nos sectores máis tradicionais, é fundamental. Neste ano, Nuria Iglesias asumiu a presidencia do colectivo co obxectivo de seguir medrando para amosar que en “Ourense hai futuro”.
En que situación se atopan os xóvenes empresarios trala crise da covid?
A situación é inestable, como a que vive toda a sociedade, pero percibimos que estamos nun momento de creación, de novas oportunidades e de adaptación. Eu creo que iso é o que caracteriza aos nosos asociados. Toda crise trae cambios e están aproveitando as ocasións que se lle presentan.
É momento de dar pé á innovación e ó emprendemento?
Sen dúbida algunha. Eu penso que esta crise foi un golpe cando chegou, igual que aconteceu coa do 2008, aínda que esa pillounos a moitos de nós estudando. Para min unha crise é igual a unha oportunidade de cambio e adaptación. En Ourense estanse a poñer en marcha moitas iniciativas, con novas formas de vender o noso. Isto acelerouse pola pandemia, pese ás incertezas que xenera. O proceso de dixitalización foi o que máis se axilizou neste tempo. Algúns aínda non o vían claro e coa chegada da covid déronse conta do que supoñía.
De que maneira lle afectou a AJE como entidade?
Incluso en pandemia, AJE seguiu crecendo. É certo que sufrimos algunhas baixas de asociados que tiveron que deixar os seus proxectos, pero compensouse con novos integrantes. Aumentamos o número de persoas que se uniron a nós e tamén en proxectos innovadores. Soubemos adaptarnos e crear iniciativas, escoitando aos nosos asociados e a facer ruído. Queremos amosar que na provincia hai futuro e, nun momento de crise, temos que remar con máis forza.
O envellecemento e a despoboación van ligados a esta provincia. De que forma lle dan a volta para xerar novos proxectos?
Todos temos claro que Ourense é unha provincia envellecida, pero tamén está chea de riqueza. Temos que saber espremela enteira, tamén dende o rural. Galicia coñécese pola súa beleza e pola súa gastronomía e iso é o que debemos aproveitar. No sector agroalimentario estanse facendo moi boas cousas, que se venden en todo o mundo pola súa calidade. Por outra banda, a chegada do AVE é inminente, pero no sector servizos e no turístico aínda queda moito por avanzar e medrar. No ámbito tecnolóxico gozamos de grandes empresas na Tecnópole e no resto da provincia. Non podemos quedarnos só con que somos unha provincia rural e envellecida, tamén hai moito máis.
En AJE engloban a diferentes sectores. A cales lles afectou máis a pandemia?
O que máis enriquece a AJE é que engloba a todos os sectores. Nesta pandemia, os máis prexudicados foron os da hostalaría e, como consecuencia, unha parte do sector agroalimentario. Estes adaptáronse ante a falta desa venda para crecer doutro xeito, incluso expoñendo os seus productos en liña. Ninguén pode crear unha empresa e pensar que só venderá na provincia, porque estamos nun mundo globalizado e pódese vender a calquera parte do mundo. O comercio tamén sofre moito esta crise, pero a súa situación vén de máis lonxe. Agora estanse a poñer ó día coa dixitalización.
Como lles axudaron dende a asociación?
Co inicio da pandemia lanzamos varias inicitivas. Por unha banda, aproveitamos o noso lado social para axudar á poboación vulnerable coa entrega de alimentos ou medicamentos, o que precisasen. Tamén lanzamos un teléfono de atención aos asociados para resolver as dúbidas relacionadas coas súas empresas. Estivo operativo durante meses. Por último, creamos Terra by AJE, unha liña de productos agroalimentarios, 100% ourensáns, que se venden a través da nosa páxina. En xeral, todos os asociados estiveron á disposición de quen o precisase dentro da entidade.
A asociación, reinventouse para manter o atractivo e captar membros?
Xerar valor para que os xóvenes empresarios de Ourense entren a formar parte da asociación é un reto. Durante este ano mantivemos varias reunións con diferentes sectores para escoitar as súas necesidades e propostas, para así axudalos da forma en que o precisasen. Fóra diso, reinventámonos coma moitas entidades con formatos híbridos, mantendo o atractivo tendo en conta as medidas sanitarias que se recomendaban. Ó cabo do día traballamos por e para os asociados.
Que cifras de facturación manexan?
Estamos a piques de facer balance do 2021, pero no ano pasado todas as empresas de AJE facturaron case 40 millóns de euros e exportaron a dez países. Logramos crecer un 10% pese á crise sanitaria e creo que a tendencia ascendente se mantivo nos últimos doce meses.
Sobre os fondos Next Generation, que esperan deles?
Acollemos o congreso Next Generation Galicia en setembro para escoitar a expertos de diferentes sectores, pero é momento para ser cautos. Esas axudas van chegar, pero está no aire como se fará o reparto e non vai ser sinxelo optar a eles. Temos que ver como se lle pode sacar beneficio, pero en AJE preferimos que crean nos seus proxectos e non pensen só nas axudas.
Como será o futuro poscovid?
O prioritario é apostar pola dixitalización, a economía circular e tamén polas enerxías renovables. A empresa do futuro pasa por todas elas e é hacia onde debemos camiñar nos próximos anos. A obligación que temos os empresarios é adaptarnos a elas.
Vostede asumiu a presidencia este ano. Que obxectivos se fixou?
Foi un gran reto, pero tamén é un pracer representar a este colectivo, xunto ao gran equipo da directiva. Queremos continuar o traballo que se conseguiu ata agora, manter AJE no mesmo nivel ou facéndoa crecer como referencia na provincia, dun xeito inclusivo e con igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. O importante é non decepcionar ós asociados.
Cales son as iniciativas de AJE cara 2022?
Contamos con varios proxectos, algúns xa están en marcha. Un deles ten que ver cos colexios para incentivar o emprendemento entre o alumnado. Tamén hai outro social coa Asociación Española contra o Cancro que se presentará antes de final de ano. No 2022 faremos os Premios AJE e traballamos noutra iniciativa para a dixitalización ó alcance de calquera, non só dos asociados, para captar ás novas empresas que se instalan na provincia. O obxectivo é brindar apoio ós empresarios, aproveitando as oportunidades. Queremos demostrar que, se se quere, pódese.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último
TEMPERATURAS MÍNIMAS
Galería | El primer día del invierno cubre de nieve y hielo la provincia de Ourense