INCENDIO
Arde una casa en Rairo, Ourense
Con grande pesar recibimos en De Ruada a triste noticia do pasamento do poeta e excoralista Eduardo González Ananín.
Ananín presumía, con razón, de ter sido membro da Coral De Ruada nos anos cincuenta do pasado século e sempre estivo pendente das nosas actividades, mesmo colaborou na nosa revista nalgunha ocasión. A Coral tributoulle unha cariñosa homenaxe o día 26 de xuño de 2009 durante o concerto dos Amigos da Coral De Ruada celebrado no teatro Principal. Durante o mesmo, o daquela presidente Eladio Quevedo entregoulle un agasallo de recordo, tal como se pode ver na fotografía.
Anos máis tarde, concretamente o 21 de marzo de 2018, a Coral De Ruada sumouse á homenaxe que un grupo de amigos lle tributaron no Liceo de Ourense, co gallo do Día Mundial da Poesía, a os dous veteranos poetas ourensáns Serafín Marqués Gil e Eduardo González Ananín.
Dende De Ruada queremos expresar o noso máis fondo pesar por tan sensible perda á súa dona, Carolina, e ás súas fillas Ángela e Inés, así coma aos demais familiares e amigos. Un coralista máis na xa moi numerosa Coral De Ruada do Alén. Descanse en paz.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INCENDIO
Arde una casa en Rairo, Ourense
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
IDENTIFICACIÓN POR ADN
El hombre hallado sin vida en As Caldas llevaba 48 horas muerto
Lo último