TIEMPO EN LA PROVINCIA
Lluvias y tormentas sitúan a Ourense en aviso amarillo
..”Prepara tu último salto
Que Asturias está aguardándote
(Sola en mitad de la tierra)
(Hija de mi misma madre)”
(Pedro Garfias / Víctor Manuel)
Os vellos roqueiros nunca morren’ cantaba Miguel Ríos uns poucos anos antes de que José Manuel González Gutiérrez chegase desde o seu Oviedo natal onde nacera en 1954 a Ourense.
No ano 2000, logo de ter atopado Marta, a súa compañeira da alma, praza como profesora na Escola de Idiomas na cidade, a parella aséntase definitivamente en Ourense, integrándose no tecido social e cultural local e converténdose nuns ourensáns máis.
Deixaba en Asturias familia, responsabilidades políticas autonómicas e o seu querido e estrañado pub chamado ‘Pick up’ e traía en cambio unha mochila cargada de compromiso social e amizade, que se encargou de espallar ao longo destes anos.
Coñecín a José Manuel, Guti, cando comezou aquel ano a colaborar no colectivo Amigos da República, directiva na que permaneceu ata practicamente os últimos momentos da súa vida. Converteuse nun amigo, nunha persoa traballadora, conciliadora.
As persoas amantes do Rock and roll caracterízanse pola súa rebeldía. José Manuel, como roqueiro tamén o foi. Proba diso é o seu compromiso e miitancia no PCE e IU, organizacións nas que ocupou responsabilidades tanto a nivel local, como nacional ou federal e ás que representou en diferentes comicios electorais.
Neste derradeiro ingreso sanitario debido á ELA (Esclerose Lateral Amiotrófica) que padecía tivo momentos para preocuparse polo futuro municipal de Ourense e por quen desde Esquerda Unida puidesen optar a ocupar concellerías na Corporación.
Militou activamente no ourensanismo, desde patear a zona vella que lle namorou da cidade ata participar en todo canto colectivo houbese e que demandase solucións a un problema. Aí estaba Guti para achegar, nunca para saír simplemente na foto. A súa solidariedade queda claramente demostrada, por se non basta a hemeroteca, co seu desexo de ser doante de órganos, polo que José Manuel seguirá entre nós e con nós.
Dicía Marx, Carlos, que ‘é fácil ser heroico e xeneroso nun momento determinado, o que custa é ser fiel e constante’. Guti foino nas duras e nas maduras.
Un bico para Marta e para toda a familia e camaradas de José Manuel.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TIEMPO EN LA PROVINCIA
Lluvias y tormentas sitúan a Ourense en aviso amarillo
PRIMER SEMESTRE DE 2026
Cae la firma de hipotecas en Ourense, pero aumenta el capital prestado
UN MILLÓN DE EUROS
La Diputación de Ourense moderniza los campos de Esgos, A Peroxa y Pereiro
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy miércoles, 26 de agosto
Lo último
SEIS MESES PARA CAMBIAR DE OPINIÓN
Casi una veintena de bebés fueron entregados al nacer en Ourense en la última década
José Luis Gómez
CUENTA DE RESULTADOS
España ante un nuevo orden mundial
UNA VIDA DE COLECCIÓN (XLIV)
Galería | Comunicación de guerrilla
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Da ingua á ponte das cepas