ACUERDO TRAS 22 DÍAS
La huelga de Atención Primaria deja en Ourense 2.850 consultas retrasadas
Querías chegar aos 100 anos e viches cumprido o teu desexo. A túa familia quixo estar ao redor de ti hai medio ano. Celebráchelo con alegría, con ela e amizades, sentimento que na tarde de onte luns converteuse en tristeza para todas as persoas que te queremos. A mesma alegría que mostraches cando o PSdeG convidouche a ires na candidatura municipal do 28M. Pero agora é distinto. Esa alegría converteuse en tristura. Onte faleceu Dolores, Lolita, Suárez Bretaña, filla de Manuel Suárez, o Alcalde Mártir de Ourense asasinado polos franquistas en xullo de 1937. Coa marcha de Lolita a cidade de Ourense queda un pouco máis orfa, máis triste, con menos Memoria.
Que fácil foi escribir unas cantas letras polo teu aniversario e que difícil resúltame facelo agora.
Lolita “Picolina” sempre foi unha ourensá loitadora, comprometida, libre e tallante coa reivindicación das vítimas inocentes asasinadas polo franquismo, como foi ou seu propio pai, Manuel Suárez Castro, como xa dixen noutra ocasión.
A recordo de toda a vida xa que traballaba en Mutualidades Laborais xunto ao meu tío e sempre, sempre, foi moi cariñosa comigo. Cos anos presumo de conseguir a súa amizade e confianza. Unha mostra disto último é que Lolita atesouraba todas as cartas que se cruzaron o seu pai e Pablo Iglesias Posse, ademais doutros documentos e cando a Fundación Luís Tilve dirixiuse a ela para que lles permitise facer copias dos escritos para o seu Arquivo, Lolita o primeiro que fixo foi chamarme e preguntarme algo moi galego: “Isto que vén sendo?” A resposta miña foi moi fácil: “Lolita, déixasme a min as cartas?”, ao que contestou: “Si, claro que si”, engadindo eu entón: “Pois quen che pediu iso -Javier Quintas- é coma se cho pedise eu”. Hoxe todo ese interesante material está depositado na devandita Fundación.
É habitual oír aquilo de que sempre se marchan as mellores persoas, e neste caso é totalmente certo. Ao longo da súa vida tivo sempre presente o exemplo do seu pai, facendo bandeira do que escribiu á súa familia desde a prisión o 18 de abril de 1937: “Ningún patrimonio de riqueza os dejo, pero dejo uno que tengo la seguridad conservaréis y es el de la honradez, la bondad y la de haber hecho el bien a raudales, con este patrimonio creo podreis estar orgullosos”. De honradez, bondade e facer o ben soubo de abondo Lolita ao longo da súa longa -valla a redundancia- vida.
Agora poderás reunirte cos teus pais -Celedonia e Manuel- e cos teus irmáns Paz, Raúl e Pablo, ademais doutras moitas amizades que marcharon antes que ti.
Unha forte aperta á familia que xa está a estrañarte, do mesmo xeito que fago eu.
Os seus restos estarán no tanatorio As Burgas a partir das 9,30h de hoxe martes deica as 18h, hora na que se procederá á súa incineración.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACUERDO TRAS 22 DÍAS
La huelga de Atención Primaria deja en Ourense 2.850 consultas retrasadas
CONSTRUCCIÓN Y REFORMAS
Apertura de un nuevo Obramat y Burger King en Ourense: fechas, ubicación y detalles
RÉCORD HISTÓRICO DE VOLUNTADES
Los testamentos vitales se duplican en Ourense durante el último año hasta superar los 500
Lo último
AL MENOS UN HERIDO
Una colisión entre dos coches provoca retenciones en Rabo de Galo, Ourense
CÚMULO DE LESIONES
Totó, el pulmón del Allariz
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior