TIEMPO EN LA PROVINCIA
Lluvias y tormentas sitúan a Ourense en aviso amarillo
Escribir un obituario de alguén, aínda que as palabras saian do corazón, sempre costa. Hoxe, moito, moito máis.
“Así como unha xornada ben empregada produce un doce sono, así unha vida ben usada causa unha doce morte”, que dicía Leonardo Da Vinci. E é certo. Quedou durmida placidamente e o seu sono transformouse en eterno.
Na madrugada deste pasado mércores, 26, falecía María Luisa González Somoza. Sempre me dirixín a ela como Marisa, María ou Somoza, segundo as circunstancias.
Creceu arroupada coa sabedoría do seu pai, Leuter González Salgado, e a tenrura da súa nai, Juana Somoza Rivera, que fixeron dela non a moza submisa que quería o réxime senón toda unha muller, unha verdadeira muller de “rompe y rasga”, unha muller independente. E probas diso deu dabondo durante a súa vida, unha vida satisfactoria unicamente embazada por uns días finais onde a súa máxima ilusión era marchar. E marchou fisicamente aínda que o seu recordo perdurará sempre.
Está ata as 16h. de hoxe xoves no tanatorio As Burgas. A continuación, tal como foi o seu desexo, funeral na igrexa parroquial de Santa Eufemia, para posteriormente ser soterrada no cemiterio de San Francisco.
Como dixen, sempre me dirixín a ela como Marisa, María ou Somoza. Hoxe, agora, direi: un bico mamá. Quérote.
Querémoste. Brais. Maite.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TIEMPO EN LA PROVINCIA
Lluvias y tormentas sitúan a Ourense en aviso amarillo
PRIMER SEMESTRE DE 2026
Cae la firma de hipotecas en Ourense, pero aumenta el capital prestado
UN MILLÓN DE EUROS
La Diputación de Ourense moderniza los campos de Esgos, A Peroxa y Pereiro
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy miércoles, 26 de agosto
Lo último
SEIS MESES PARA CAMBIAR DE OPINIÓN
Casi una veintena de bebés fueron entregados al nacer en Ourense en la última década
José Luis Gómez
CUENTA DE RESULTADOS
España ante un nuevo orden mundial
UNA VIDA DE COLECCIÓN (XLIV)
Galería | Comunicación de guerrilla
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Da ingua á ponte das cepas