MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
O Concello de Ourense rendeu a súa tradicional homenaxe ao intelectural ourensán Alexandre Bóveda, que naceu o 4 de xuño de 1903 e foi fusilado o 17 de agosto de 1936. A corporación municipal participou na ofrenda floral realizada na rúa da Barreira, onde se ubicaba a casa natal do galeguista. Ernesto Vázquez-Rei, secretario da Fundación Alexandre Bóveda, destacou no acto l figura deste ourensán como “un dos principais artífices da autonomía galega”. Vázquez-Rei lembrou que “milleiros de vidas foron truncadas ou enviadas ao exilio. Bóveda foi asasinado por querer a Galicia ben gobernada”. O representante da fundación acabou o seu discurso sinalando que “cando mellora a democracia, gaña a sociedade”. O tenente alcalde Armando Ojea destacou a Alexandre Bóveda como “unha persoa que loitou polos valores da democracia”.
O acto pechouse coa interpretación do Himno Galego e coa colocación das flores ao pé do monumento que se lle fixo a Alexandre Bóveda na rúa da Barreira, onde medrou o intelectual galeguista.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONATO EXTINGUIDO
Vídeo | Se desata un incendio forestal en una cantera de Untes
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 5 de agosto
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 5 de agosto
GASTRONOMÍA Y TRADICIÓN
Galería | 700 kilos de sabor y anguilas para mantener viva la Festa da Anguía, en fotos