EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
OURENSE FILM FESTIVAL
O Ourense Film Festival (OUFF) celebra este ano o seu 30 aniversario, unha data sinalada para a que contan cun equipo renovado. Unha das novas incorporacións é o director, produtor e guionista Óscar Doviso, que asume a dirección artística coa ilusión de poder materializar as ideas que lle rondaban na cabeza cando era espectador e participante.
Pregunta.Que significa para vostede, tanto a nivel persoal como profesional, asumir a dirección do Ourense Film Festival?
Respuesta.Eu sempre estiven no festival como espectador ou como un competidor. Agora ser o director artístico supón todo un reto, ademais dunha ilusión, porque como creador e cineasta ourensán quero intentar facer o mellor polo festival da miña cidade. Teño a ocasión de poder implementar todas esas ideas que durante tantos anos me rondaron na cabeza e nunca cheguei a ver no festival. Será unha oportunidade para descubrir se esas ideas eran loucas ou se realmente poden funcionar.
P.Como ben di, antes de ser director deste festival, vostede foi espectador e tamén participante no OUFF. Considera que é un punto que xoga ao seu favor?
R.Totalmente. Teño unha visión de moitísimas arestas. Son ourensán de nacemento, vin nacer o festival de Ourense, de feito aínda conservo os primeiros programas de man da primeira edición. Logo tamén marchei, estiven máis de 15 anos vivindo fora, co cal tamén teño unha perspectiva dende fóra. Traballo na produción de eventos e películas. É dicir, teño unha visión moi ampla dende todas as arestas.
P.Pode contarnos cales son as tarefas que leva a cabo o director artístico dun festival?
R.Dar a súa visión artística e traballar para que os contidos teñan coherencia con esa visión. Ao final é transmitirlle ao resto do equipo todo aquilo que che gustaría para que o festival se vexa ben dende fóra. Por iso é tan importante rodearse dun equipo que teña, digamos, unha mesma visión de festival, ou similar, para poder remar todos xuntos na mesma dirección.
P.Falando do equipo humano que hai detrás do OUFF, vostede non foi o único que se incorporou este ano, como foi o proceso de conformar un novo grupo de traballo?
R.Eu son unha persoa moi accesible, moi empática, e tiña claro dende un primeiro momento que, antes de conformar ese equipo final, quería reunirme con todos os integrantes que habitualmente colaboraban co festival. Coñecín a moita xente que efectivamente non coñecía de nada, pero que coa que estamos en total sintonía. Estou súper contento de poder contar con persoas que estiveron noutras edicións e que dan unha visión máis global do festival. A maiores puidemos completar o equipo que xa había co meu equipo de confianza, co que xa estou acostumado a traballar. Penso que logramos un equilibrio que se vai ver reflectido na organización do festival.
P. Colle o relevo nunha data sinalada, o 30 aniversario. Supón unha responsabilidade a maiores?
R.Por suposto. Como dicía é un reto a moitos niveis. Xa de por si, cando hai cambios sempre hai ollos mirando o que vas facer, imaxínate nunha 30 edición. Todo o mundo vai analizar e comparar. As veces tampouco se trata diso. Eu teño unha liña bastante clara de cara onde debería ir o meu cometido, é a miña visión e podo estar errado, pero vou loitar para levalo adiante da mellor das maneiras.
P.Cales serán as claves para esta edición?
R.Render homenaxe a estes 30 anos de historia dun festival que sempre o tivo complicado, deu moitos bandazos e pasou por moitas mans. Hai unha sensación xeneralizada de que ese paso aínda non se logrou traspasar, entón, o obxectivo é intentar reverter esa situación.
P.Falando xa da programación, será unha edición ambiciosa?
R.Se non houbera ambición, estariamos centrados en facer exactamente o mesmo que a edición anterior. Eu sí son ambicioso en canto a que este ano se van ver contidos e seccións que non se viron e vai haber tamén cambios na dinámica, sobre todo no que se refire á comunicación. Queremos abrir o OUFF a outro tipo de públicos. O festival ten que servir tamén para emocionar a eses rapaces, que temos un pouco non perdidos, pero deixados. Intentar captalos sei que é unha tarefa complicada, moi complicada, pero polo menos imos intentalo.
P.Unha das novidades deste ano é a sección Made in Ou. É unha desas ideas que sempre quixo ver no OUFF?
R.É o que sempre houbera soñado como creador ourensán. Ter na cidade un festival que poida servir de escaparate tanto para amateurs como para profesionais da provincia de Ourense onde poidan exhibir os seus traballos, é incríbel. Ademais, penso que pode axudar a xerar esas ganas de seguir creando. Sempre que viaxo a festivais, atópome con que hai moi pouco contido audiovisual creado por ourensáns en relación con outras provincias, entón, para min é unha ilusión facer todo o posible polos creadores ourensáns.
P.Como xestionan a distribución para poder traer ao OUFF filmes que participan tamén en grandes festivais europeos?
R.É un labor de moitísimo tempo, de moitísimas reunións, chamadas e condicionantes. Todo o mundo quere os grandes filmes. Nós podemos pelexar ata certo punto, os grandes festivais teñen mellores armas, pero adiantamos que imos ter estreas moi importantes nesta edición. En breve, sairán os primeiros catro títulos da sección oficial internacional.
P.Cal é o reto do OUFF para seguir crecendo nos próximos anos?
R.Unha das ideas que temos é que o festival teña vida máis aló deses 10 días que dura. O OUFF ten que estar presente ao longo do ano en multitude de actos cinematográficos na provincia. Chegamos a varios acordos con distintas entidades, como Agapi, con quen participamos nun ciclo para visibilizar ás produtoras galegas nas aulas. Temos previstas unha morea de accións, algunhas chegarán este ano, pero hai moitas van ter que esperar. Pero penso que é importante ter colocado esa primeira pedra.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último