PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
homenaje
Comeza abril, o mes oteriano por excelencia, e a súa fundación anima a cidadanía a participar nos diversos eventos de celebración da figura do escritor ourensán. "Este ano celebrarémolo do venres 5 ao domingo 7, en Ourense e en Trasalba", sinala Afonso Vázquez-Monxardín, secretario da Fundación Otero Pedrayo.
O evento arrancará o venres cunha inauguración no Liceo, seguido dun roteiro oteriano polo Ourense do escritor. "Iremos da man de Otero Pedrayo en base aos textos que escolmamos do libro que publicamos con Maribel Outeiriño -'Del Orense antiguo y otras colaboraciones, Ramón Otero Pedrayo en La Región, 1958-1960", comenta Monxardín. Tralo paseo, Juan Saco Cid, presidente da fundación; Maribel Outeiriño e Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, presentarán o mencionado libro.
Xa o sábado, a festa trasládase ao Pazo de Trasalba, antiga casa de Otero, onde Monxardín presentará a peza do mes do derradeiro manuscrito do escritor. "É un texto que escribiu para a décimo terceira Feira do Viño do Ribeiro o 8 de abril de 1976, dous días antes de morrer", adianta. Ademais, mesa redonda con Clodio González, antropólogo, e Patricia Arias, que falarán sobre a relación entre Antón Fraguas -homenaxeado no Día das Letras Galegas- e Otero Pedrayo. Pola ta, proxección e mesa redonda, ademais dun percorrido pola casa do autor. O domingo, os oterianos voltan á cidade para asistir a unha misa en Santa Eufemia na súa honra, seguido dunha ruta polo cemiterio de San Francisco, a cidade "dos mortos".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
CENSO ELECCIONES GENERALES
Ourense encara el 29-N con récord de voto exterior y la juventud en mínimos
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
Lo último
Emilio R. Portabales
TRIBUNA
Homenaxe ao Plus Ultra en Ourense, 1926
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Gritos de campaña