GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
Alba Garrido (Ourense, 1997) é graduada en Historia. Investiga o exilio republicano e as traxectorias vitais dos galegos deportados aos campos de concentración da Alemaña nazi. Foi a través do seu Traballo de Final de Máster como xurdiu a idea de ir máis alá. Esta moza acaba de publicar “De Galicia a Mauthausen” (editorial Galaxia), un traballo de investigación histórica que procura dar luz sobre as orixes, os contextos e as traxectorias dos galegos que remataron nos campos de exterminio. Segundo os datos coñecidos, polo menos 35 ourensáns pasaron por Mauthausen.
“Vin que estaba pouco traballado o tema en Galicia, en comparación con outras comunidades autónomas. Está máis estudado o exilio intelectual, que é evidente, pero hai multitude de enfoques”, conta Garrido sobre a súa investigación.
Esta moza ourensá, que xa prepara as presentacións do libro, atopou 208 vítimas galegas nos campos de concentración nazis. A Coruña rexistra 83, Ourense 47, Lugo 36 e Pontevedra 32.
“No caso das vítimas ourensás as procedencias son da cidade, Entrimo e Monterrei”, apunta.
No libro “De Galicia a Mauthausen” analiza as orixes e o perfil socioeconómico dos galegos que estiveron en Mauthausen. Atopou un perfil común, como que a maioría era do rural e cruzou a Francia trala Guerra Civil. No país veciño traballaron na liña Maginot, ao longo da fronteira con Alemaña e Italia.
Alba Garrido, apaixoada da Historia, é consciente de que o tema ten moitas liñas de investigación abertas. Continuará estudando a pegada galega nos campos de concentración. Santiago, Betanzos e Vilagarcía serán as primeiras paradas da presentación do seu libro. “De Galicia a Mauthausen” está a venda en calquera librería.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
ROBOS DE COBRE
A la caza del “oro rojo” en Ourense
PUNTOS CRUCIALES
Imágenes aéreas | Un recorrido aún sobre plano
Lo último
EVACUACIÓN MILITAR ESPAÑOLA
Llegan a España más de 200 militares evacuados de Irak por la guerra en Irán
Jugando al Eurotrack Simulator
El streamer Pau Fuentes alucina con el Puente del Milenio en su recorrido por Ourense: "¡Vaya puentecito!"