PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
Cinco estudantes da provincia de Ourense quedaron entre os seis primeiros na XXXIX Olimpíada Galega de Química 2022 da demarcación da Universidade da Vigo (Uvigo), celebrada o pasado 18 de marzo. En toda Galicia, onde se celebrou a proba ao mesmo tempo en conxunto nas universidades galegas, presentáronse 139 alumnos de 24 centros educativos.
Martín Padrón Rodríguez, do IES Blanco Amor, foi o mellor nun certame no que tres estudantes do IES Otero Pedrayo quedaron no segundo, quinto e sexto posto. En concreto foron Leila Durán Traveso (que xunto ao gañador, pasa directamente á fase nacional), Marcos Fernández Barandela e Iria Añel Díaz. No terceiro lugar finalizou José Antonio Ferro González, do IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova. Na cuarta posición finalizou Carla Navarro, que estuda no IES Aquis Celenis.
Os mellores participarán na XXXVII Olimpíada Nacional de Química, que este ano levará a cabo na sede a Facultade de Química da Universidade de Santiago, no Campus Vida, do 6 ao 8 de maio.
As probas deste ano rexistraron un aumento no número de participantes en comparación ao pasado ano e alcanzou niveis de participación similares aos cursos anteriores á chegada do coronavirus, logo da baixada do curso pasado.
A Coruña, Lugo, Santiago, Ourense e Vigo acolleron simultaneamente o 18 de marzo as probas desta XXXIX Olimpíada Galega de Química, nas que participaron 139 alumnos de 24 centros educativos de toda Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
CENSO ELECCIONES GENERALES
Ourense encara el 29-N con récord de voto exterior y la juventud en mínimos
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
Lo último
Emilio R. Portabales
TRIBUNA
Homenaxe ao Plus Ultra en Ourense, 1926
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Gritos de campaña