ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
O presidente da Fundación Otero Pedrayo, Eduardo López Pereira, aproveitou a cerimonia do premio Trasalba para facer balance dos seus dous anos na dirección da entidade.
“Cando comecei quería expandir a memoria de Don Ramón ás novas xeracións, e lográmolo a través do premio Otero Pedrayo para estudantes de ESO e Bacharelato, así como incrementando o número de visitas dos centros”, explicou. Tamén recordou as melloras realizadas na contorna da casa para recuperar parte da súa historia: “Neste sentido quero agradecer a axuda da Consellería de Cultura da Xunta”.
López Pereira convidou aos presentes a acudir ao premio Trasalba 2024 para disfrutar do miradoiro “Bocarribeira”, un proxecto anunciado en 2021 polo Concello de Ourense na estrada OU-0522, a escasos kilómetros do Pazo. “Emprazo ao Concello a manter o compromiso de que nos van axudar a construír o miradoiro”, sinalou.
No acto amosáronse dous novos libros vencellados a Otero Pedrayo. Por unha banda, “Tres contos de ultratumba”, presentado por Patricia Arias, un volume didáctico que inclúe relatos dos principais expoñentes da Xeración Nós. Por outra, “Miñatos de vran”, presentado por Javier Jurado, unha zarzuela con participación de Otero Pedrayo. A cerimonia tamén acolleu a actuación musical de Manoele de Felisa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
PREMIOS COMERCIO GALLEGO 2026
Galicia ensalza la resistencia de su comercio tradicional
Lo último