EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
O ilustrador, viñetista e pintor Luis Davila recibiu o premio Trasalba no pazo que foi fogar de Ramón Otero Pedrayo. A fundación que leva o nome do autor galego recoñece así o seu traballo pola cultura e a lingua galegas, a través das súas obras, especialmente as súas viñetas de "O Bichero", de gran difusión na prensa e nas redes sociais galegas.
Davila, visiblemente emocionado, agradeceu o "Ramonciño", a estatua de Don Ramón que se entrega como galardón. Fíxoo despois da actuación musical sorpresa dos seus amigos do grupo Vou nun Bou no salón de actos do Pazo de Trasalba.
O Pazo de Trasalba converteuse onte nun espazo de celebración do humor gráfico e da cultura galega. A casa de Don Ramón acolleu a entrega do premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo, este ano outorgado ao deseñador gráfico, ilustrador, pintor e viñetista Luis Davila (Pontevedra, 1972). O homenaxeado, que recoñeceu vivir un día de “moitas emocións xuntas”, puxo en valor o papel do humor gráfico na transmisión da cultura propia. “Sempre me gustou debuxar, dende cativo sempre tiña un lapis na man, e iso combinouse co amor ás tradicións, á miña terra, á xente que me rodea”, explicou Davila. Prestarlle atención á súa contorna é clave para levar a cabo o seu traballo: “Dedícome a observar á xente para ver como manexan os códigos de humor”.
O galardoado, que conta cunha tira cómica diaria no xornal Faro de Vigo, asegurou que “nunca vira posible” vivir da súa paixón, o debuxo, nin acadar recoñecementos polas súas creacións. “Quero dar moitas gracias aos padroeiros da Fundación por pensar en min para darme este premio. Cando me chamaron para avisarme foi un momento de subidón, de sorpresa”, recordou. Davila agradeceu tamén a acollida do público: “É unha honra que a resposta da xente ao meu traballo sexa tan bonita”. Ademais, quixo acordarse dos seus compañeiros de profesión, aos que lles adicou o galardón: “Fágoo extensible ao humor gráfico, a todas aquelas persoas das que aprendín moito e das que aínda sigo aprendendo”.
Despois de recibir o “Ramonciño” de mans do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, o salón de actos do Pazo acolleu unha sorpresa moi especial para o ilustrador. Os integrantes do grupo Vou Nun Bou, de Bueu (onde reside Davila), adicáronlle unha canción na que homenaxearon a súa calidez, honradez e alegría. O viñetista, visiblemente emocionado trala actuación, agradeceulles a súa intervención: “Cada un de vós tedes un anaco do meu corazón”.
Davila puxo de manifesto a importancia da Fundación Otero Pedrayo na conservación da cultura galega: “Convidáronnos vir coñecer a casa, contáronnos anécdotas da vida de Don Ramón e nos ensinaron lugares cargados de creación e de amor por Galicia”. En agradecemento do galardón, así como do agarimo dos padroeiros, o ilustrador quixo facerlles entrega dunha viñeta realizada en directo, diante do público que onte ateigou o Pazo de Trasalba. Nela, unha das súas personaxes baila unha peza con Don Ramón.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último
GRAVEDAD DE LAS LESIONES
Muere la mujer apuñalada en A Coruña por su compañero de piso, que también provocó un incendio