ACUERDO TRAS 22 DÍAS
La huelga de Atención Primaria deja en Ourense 2.850 consultas retrasadas
OUFF
O Ourense Film Festival (OUFF) continúa dando pasos de crecemento de cara ao seu 30 aniversario. Logo de mudar de equipo directivo e anunciar a creación dunha residencia audiovisual, entre diversas accións, agora únese aos outros tres festivais de cinema que teñen lugar na provincia -o Ficar Entrimo, o FIC Vía XIV de Verín e o RiR de Allariz- para apoiar de maneira activa a industria cultural en Ourense.
Os catro certames, dos que o OUFF é o máis lonxevo, contan co apoio da Deputación de Ourense, como parte do seu compromiso coa cultura e o talento local. Para a directiva do OUFF, este é só un primeiro paso que se intensificará o vindeiro ano mediante alianzas con outros grandes certames galegos e nacionais. A suma de forzas supón “un novo impulso para o apoio cara outros festivais que tamén están a traballar a reo para levar o cinema a outros lugares e crear sinerxias para que o público que desfruta destes eventos culturais, decidan acudir a outros, o cal nos beneficia a todos os festivais”.
A primeira das citas cinematográficas ourensás é o Festival Internacional de Curtametraxes e Arte de Entrimo, o Ficar, que celebra a súa terceira edición esta fin de semana, do 18 ao 20 de xullo. Ademais das proxeccións das curtas a concurso, o certame acollerá unha exposición de fotografía, monólogos e concertos.
En agosto será a quenda do Festival Internacional de Curtas FIC Vía XIV de Verín, que celebrará o seu décimo aniversario do 29 de agosto ao 6 de setembro. Baixo o lema “A verdade nunca foi tan fráxil”, a cita busca seguir sendo un escaparate referente para a produción galego-portuguesa.
Case ao mesmo tempo, Allariz será o escenario do RiR, o Festival Internacional de Curtas de Comedia, que en 2025 contará a súa edición número 8. Do 30 de agosto ao 6 de setembro, polo RiR pasarán obras de ficción, animación e documentais de distintos países, todas elas co humor como elemento central.
Por último, o 26 de setembro o Ourense Film Festival inaugurará a súa edición número 30, cunha directiva renovada, nova imaxe e o obxectivo de traer o mellor cinema internacional de carácter social á cidade de Ourense. Entre as novidades deste ano, ademais, destacan a celebración dunha residencia audiovisual para mozos creadores, Faíscas, ou a composición dun tema musical propio a cargo de Jose Manuel Cancela.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACUERDO TRAS 22 DÍAS
La huelga de Atención Primaria deja en Ourense 2.850 consultas retrasadas
CONSTRUCCIÓN Y REFORMAS
Apertura de un nuevo Obramat y Burger King en Ourense: fechas, ubicación y detalles
RÉCORD HISTÓRICO DE VOLUNTADES
Los testamentos vitales se duplican en Ourense durante el último año hasta superar los 500
Lo último
AL MENOS UN HERIDO
Una colisión entre dos coches provoca retenciones en Rabo de Galo, Ourense
CÚMULO DE LESIONES
Totó, el pulmón del Allariz
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior