EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
reportaxe
O audiovisual galego vive un dos seus mellores momentos. A provincia de Ourense conta coa súa propia canteira de talento cinematográfico. Entre estes profesionais, algúns están comezando a dar os seus primeiros pasos, e outros contan cunha larga traxectoria ás súas costas.
Carlos Montero
Montero nace no concello de Celanova e cando medra decide marchar a Madrid
para estudar Ciencias da Información. Carlos Montero nunca imaxinou que estaría detrás dunha das series que marcaron un fito na televisión española, Física y Química.
Seguindo coa temática adolescente, dirixe e escribe unha das ficcións máis vistas de Netflix, Élite. Mediante o éxito logrado con Élite, consegue a confianza da plataforma online que decide adaptar unha das súas novelas.
El desorden que dejas, gañadora do Premio Primavera, está ambientada na localidade imaxinaria de Novariz. O universo ficticio da novela está inspirado na comunidade galega. Montero busca que a nova serie respire galeguidade, elixindo os paisaxes de Celanova, Allariz ou Ribadavia como escenarios. Está previsto que a adaptación se empeza a filmar neste verán.
Xudit Casas
Xudit casas tamén nace en Celanova, o que fai pensar que a terra de poetas se está a converter en terra audiovisual.
Aproveitando a súa etapa universitaria en Madrid, Casas comeza a colaborar en diferentes proxectos. Será no 2007 cando filme Sobre a morte do Bieito, adaptando o relato de Rafael Dieste. A curtametraxe consegue chegar a numerosos festivais, tanto nacionais como internacionais.
Xunto ao compositor Adrián Saavedra, crea a súa obra máis experimental e "a primeira obra audiovisual dedicada a durmir a sesta". Estamos a falar de Relax & Siesta. A cineasta dedícalle un capítulo á súa terra. Demostra nel que Galicia non é só choiva e gris, filmando as paisaxes estivais de Verea, Quintela de Leirado ou Cartelle.
Neste 2019 estrea o seu último traballo, Amar en libertad. Documental no que indaga sobre o poliamor e as relacións amorosas non monógamas.
Do mesmo xeito, Xudit Casas é unha abandeirada das reivindicacións feministas. No seu blog, La Directora de Cine, achega conversas con compañeiras cineastas e fala das súas fontes de inspiración. Así como adica unha serie de artigos á vila que a viu medrar.
Toni Salgado
Veciño de Verín, o actor forma parte do reparto de O sabor das margaridas. Despois do éxito na canle galega, Netflix decide introducir no seu catálogo unha primeira produción galega. A plataforma convértese así nun expositor internacional do talento galego.
Aser Álvarez
Sen saír da provincia, atopamos ao director Aser Álvarez. Nado en Bande, funda a produtora Arraianos, coa que comeza dirixindo, escribindo e producindo o documental 100% CEF, unha biografía de Celso Emilio Ferreiro. Un documental innovador que explora a transcendencia das letras de Celso Emilio, e co que o cineasta gaña un Mestre Mateo.
Aida Blanco e Nacho Nugo
Aida e Nacho danse a coñecer na serie Lobos e Cordeiros, emitida pola TVG. Os dous rapaces marcharon fora de Ourense para comezar a súa formación en interpretación. Sen embargo, acaban volvendo á cidade ourensá para darse a coñecer nunha produción rodada na provincia.
Grazas a esta primeira aparición na pequena pantalla, logran acadar o recoñecemento do público galego e contan con milleiros de seguidores nas súas redes sociais.
Alicia Alonso
Non obstante, Aida e Nacho non son os únicos integrantes desta nova xeración talentosa. Alicia Alonso, de O Barco, entra en Comunicación Audiovisual case por casualidade. É durante a carreira cando se incorpora ao equipo de produción da webserie El método sueco. O traballo do equipo nesta ficción fainos gañar un Premio Mestre Mateo.
Ademais, no último ano foi nomeada a outro Mestre Mateo polo videoclip Eu non sei por que.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del CHUO atiende 300 enfermos de cáncer al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último