Paco Rodríguez: "É necesario un pacto social para devolver a Ourense o que se lle quitou"

Paco Rodríguez é o candidado do PSOE ás elección municipais de Ourense

X.CID/I.CRUZ/L.VÁZQUEZ.

Publicado: 25 may 2023 - 06:39 Actualizado: 26 may 2023 - 18:56

Elecciones Municipales | Entrevista a Paco Rodríguez, candidato del PSOE en Ourense

O candidato socialista á alcaldía de Ourense, Paco Rodríguez, afronta a recta final da campaña confiado en gobernar e en alcanzar o consenso no salón de plenos.

A Xustiza vai demasiado lenta?

Eu creo que vai demasiado lenta. Os acontecementos que xurdiron nos últimos dias deben ter unha resposta inmediata, pola gravidade e polo significado das mesmas, no menor tempo posible.

Dixo que non garda rencor. Quere dicir que agora mesmo non sinte un agravio comparativo?

Non gardo rencor; non olvido. Pero… gustaríame que a Xustiza fora xusta e nos tratara a todos igual.

O seu partido acaba de solicitar unha investigación ó Ministerio de Facenda, tamén foron á Fiscalía… Que esperan disto?

Son dous ámbitos diferentes. Pedimos que haxa unha investigación, unha auditoría dos últimos catro anos. Por outro lado, tamén trasladamos á Xustiza o acontecido. Ten que haber unha determinación para que paralice calquera tipo de actuación de inmediato. Ata o 17 de xuño este goberno vai seguir en funcións.

Imaxinaba unha campaña deste tipo? De sabelo, tería volto?

Este persoeiro que exerce o poder no Concello… Digo sempre que exercer o poder non é gobernar: exercer o poder vén da prehistoria, a gobernanza intenta favorecer a todos os cidadáns. O PP sabía cal era a súa pelaxe. E aínda así, entregáronlle un tesouro tan importante como é a cidade, a cambio xa sabemos de qué. A partir de aí, a actitude irreverente, maleducada desta persoa… a min, desde logo, non me sorprendeu.

O PSOE reflexiona de xeito crítico sobre non chegar a un acordo coa oposición?

Eu non estiven na oposición, pero creo que se fixo dentro dos límites que permitía a actitude do goberno municipal. Desde o principio, o PSOE xamais pensou gobernar con Democracia Ourensana. E o PP naquel momento debería ter tomado a mesma decisión. Hai que dicir que, se non fose por eles, nunca gobernaría este home. E ó final, creo que foron tratados como trata esta persoa a todo o mundo.

Preocúpalle o estado das contas do Concello?

Si. É difícil imaxinarse cal pode ser a situación, porque non temos datos. Non creo que ninguén se atreva a entrar a gobernar sen que haxa previamente unha investigación, unha auditoría. Pode ser un atranco importante.

Mantén unha relación de cordialidade con Manuel Cabezas.

Si, pero eu creo que son dúas cousas diferentes. Falamos dun pacto de goberno co BNG, tampouco é ningunha experiencia nova. Xa existiu e eu teño a sensación de que foi positivo. A partir de aí, dada a situación de excepcionalidade que temos en Ourense, non é negativo que haxa vontade cun partido importante como é o PP.

Confía en gobernar en minoría se é a lista máis votada?

Se esa situación se dá, parece que o máis lóxico, polo ben da cidade, é que se respete esa maioría. Sen entrar a valorar outras cuestións que se formularon dende o PP a outros niveles de que, respetar a maioría nunhas situacións e noutras non. Hai que poñer o interese desta cidade por riba de calquera outro interese. É necesario un pacto social, non só cos partidos, para poder devolver a esta cidade o que se lle quitou durante estes catro anos.

Aposta por rescatar parte da estación de Norman Foster.

Nestes días tivemos unha noticia boa, o Consello de Ministros aprobou unha partida de 130 millóns de euros para Ourense. O proxecto é mellorable. Transmitinllo hai tres días á ministra de Fomento, que dentro do que sexa posible mellorar imos seguir a facer. Quedamos en crear unha comisión institucional que nos permita traballar para recuperar algunhas cousas.

Tamén propón recuperar o bulevar termal.

Primeiro, cando falamos do gran proxecto termal, propuxemos chegar a un consenso coa Xunta para un consorcio dotado con 10 millóns de euros. Segundo, hai un Plan Estratéxico Termal aprobado con consenso. E respecto ó bulevar, é unha necesidade poñelo en valor. Agora mesmo, cando chega a xente que nos visita doutros lugares, non sabe nin como chegar ás termas. É un proxecto que si pode ser viable nestes catro anos, tampouco estamos falando de cantidades inimaxinables. O anteproxecto estaba arredor dos 5 millóns de euros.

O Plan de Mobilidade Urbana Sostible está metido nun caixón.

Nós queremos recuperalo. Igual hai que actualizalo, pero eu creo que vale. E aí teñen que intervir moitas cousas. Temos que ter un transporte público de calidade, que favoreza as necesidades dos nosos cidadáns. O único que se fixo é comprar novos autobuses, pero non sabemos para que, porque non sabemos cales son as necesidades que hai.

Sobre a mesa está o problema da vivenda…

Unha persoa que non ten dereito a vivir a súa vida nunha vivenda digna está sendo excluída dende o punto de vista social. Por iso, é necesario que lles deamos posibilidades de poder optar a unha vivenda, pero a través dun custo razonable. Formulábamos dúas posibilidades, unha situalos na zona da estación e outra no casco antigo. O casco antigo é un lugar propicio para conseguir ese obxectivo e, ademais, respondería ás dúas necesidades: unha, poñer no mercado vivenda especialmente para os xóvenes; e recuperar esa zona, que agora mesmo está degradada.

Di que garda moi bos recordos do tempo do bipartito.

Hai moi bos recordos. Para min foi importante. Os partidos políticos que formamos goberno con diferenzas ideolóxicas, é normal, pero a vontade que houbo naquel momento de situar o interese xeral por enriba de todo. Non só iso, eu creo que xerou unha relación dende o punto de vista persoal, do afecto, do respecto, do aprecio…

De chegar á alcaldía, será un mandato complicado?

Totalmente. Procuro pedirlle a outros interlocutores do tecido social, empresas… que necesitamos a súa colaboración para construír o futuro de Ourense que ninguén nos pode negar. E que, cando menos, temos que seguir soñando con el. Existe e é posible.

Contenido patrocinado

stats